1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro.
Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces
que as lavan cada día ¿acadarán o récord? E por suposto podedes elixir
actividades de vida práctica para facer cando decidades.
OLLO! tede en conta que hoxe cambiamos o mes polo que vos deixamos o enlace
co novo calendario.
2º Reto de súper heroes, o meu símbolo.
Durante os vindeiros días vamos a crear todo o que necesitamos
para convertirnos en súper heroes contra o coronavirus, é dicir, teremos
que inventar un, símbolo, un nome, un traxe e un compañeiro/a.
Hoxe vamos comezar por idear un SÍMBOLO que nos
represente.
3º Primavera colorida: Hoxe tamén vos
propoñemos unha actividade na que a maxia vai ter un papel importante.
Para realizala necesitamos:
-
Papel de cociña
-
Rotuladores (preferiblemente permanentes
-
E un recipiente con auga fría
Os pasos a seguir son os seguintes:
1º Dobrar o papel pola metade
2º Por un lado do papel facemos o debuxo que teña que ver
coa primavera e coloréano cos colores que máis nos gusten (utilizando os
rotuladores)
3º Polo outro lado calcamos a silueta do debuxo que
fixemos anteriormente
4º Unha vez temos o debuxo feito ven o momento da maxia.
Metemos o debuxo no recipiente con auga (coa silueta cara arriba e o debuxo
coloreado para abaixo) e a gardar para ver o que sucede!
Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso
Maxia!
E coma sempre non esquezades de
deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida.
Seguimos estando a vosa
disposición para calquera dúbida no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
No hay comentarios:
Publicar un comentario