Estimadas familias, as actividades para o día de hoxe son as seguintes:
1º Rutinas:
igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario.
Podemos
convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que
laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus
que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver
se conseguiron ou non eliminar o virus da man.
Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa no día de onte.
2º Seguimos sendo súper heroes: e traballando co conto Rosa Contra el virus, que enviamos onte. Recordaremos o conto e faremos a segunda actividade que nos propoñen no mesmo (debuxa o virus como un monstruo e busca ideas para vencelo)
Podedes debuxar o virus ou representalo co material que queirades. Unha
idea sería aproveitar a plastilina que fixemos o outro día para darlle
forma, ou usar diferentes papeis. Se queredes podedes mandarnos algunha fotografía do virus que
fagades.
3ºActividade
impresa: Escolleremos unha das que non teñamos feitas xa e realizamos algunha
actividade de lóxico matemática (páxinas 1, 2, 3 ou 4) do documento de actividades impresas. Tamén
podedes practicar a facer a grafía dos números nun tupper ou caixa con
arroz, fariña, area ou con calquera material que permita o trazo, deixo unha imaxen para que vos fagades unha idea (como se mostra na imaxe deberían reepasar primeiro a tarxeta da grafía e logo trazala)
4º Hoxe toca actividade de movemento:
na batería de actividades que deixamos a semana pasada había algúns
xogos que podíamos realizar para mover un pouco o esqueleto (3 pasos
dunha formiga ou a pita cega). Escollede un xogo da batería, ou calquera
outro que a vós vos guste e a xogar. O importante é pásalo ben e
moverse un pouco.
· E coma sempre lede e xogade moito con eles, pois son as mellores maneiras de aprender.
NOTA: ide
gardando tapóns que vaiades usando, xa que, nos vindeiros días
imos propoñervos unha actividade na que os imos precisar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario