1ºRutinas: Rodeamos no
calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da
semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle
que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número
do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e
que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces
que as lavan cada día. E por suposto podedes elixir
actividades de vida práctica para facer cando decidades.
2º Hoxe retámosvos a facer unha nova misión para súper
heroes, neste caso teredes que demostrar como andades de “superpuntería” e “súpercálculo” para elo propoñémosvos
un xogo de bolos contra o virus para elo primeiro teredes que construír
os bolos da forma que máis vos guste , con botellas, tubos de papel ou co
material de reciclaxe que se vos ocorra e teñades dispoñible (mais abaixo
deixamos unhas imaxes de como facelos). Na parte de adiante do bolo debedes
debuxar un virus e na parte de atrás debuxar un número, o ideal é que fagades
10 bolos para poder ter unha decena e poder traballar cos números do 1 ao 10 pero
si non vos é posible conseguir tanto material facede ata o número que poidades
conseguir. Unha vez que teñamos os bolos construímos unha pelotiña ou usamos
unha que xa teñamos.
O xogo consistirá en colocar todos os bolos no chan (a
parte donde debuxaron o virus debe mirar cara nos e o número quedará na parte
de atras) e intentar tirar todos os bolos no menor número de tiradas posible.
É importante que cando os vaian tirando lle fagades
preguntas como ¿Cantos tiraches, cantos che quedan, cantos che quedan por tirar?
Despois de xogar así algunha vez podedes complicarllo tapando os ollos, retirar
os bolos que tirou e que el teña que adiviñar cantos foron a partir dos que
quedaron en pe.
Logo de cada tirada poden anotar cantos virus tiraron e
que número tiña cada bolo (recordade que cada bolo debería ter o debuxo do
virus por adiante e un número do 1 ao 10 por atrás) deixamos unha ficha de
exemplo podedes usala ou simplemente anotar nun folio.
Importante; Todas estas actividades debedes adaptarllas ao nivel dos
nenos/as
Por exemplo: Mari (foto Mazá)
Ademais e en relación con este xogo podedes ir facendo a
páxina 9 do archivo de actividades impresas que xa tiñamos descargado (volvo a deixar o enlace a continuación)
E coma sempre non esquezades de
deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida.
No caso que teñades algunha dúbida ou necesidade respecto as actividades, recordade que seguimos estando a vosa
disposición no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
No hay comentarios:
Publicar un comentario