Ola familias, xa para rematar a semana, deixamos novas ideas para facer cos
pequen@s
1º Rutinas: Coma todos os días faremos as
rutinas, a do calendario e a de debuxar o virus na
man sen esquecer anotar. Tamén poden seguir colaborando nas tarefas do fogar.
2º Reto de súperheroes: Hoxe vámonos converter en científicos!
Xa levamos comprobando da importancia
de lavar as mais, e máis en esta situación, polo que hoxe queremos propoñémosvos
un experimento moi sinxelo e moi visual para os cativ@s probar o que ocorre
cando tocamos obxectos ou alimentos coas mans sen lavar.
Material necesario:
-
3 rebandas de pan bimbo
-
3 bolsas de conxelar, a ser posible con peche zip, para que
non poida entrar aire.
-
Auga e xabón
Procedemento.
- - Colocar una rebanda de pan nunha das bolsas pero sen
tocala coa man e pechar a bolsa. Esta será a mostra de control
-
- Coller outra rebanda coas mans “sucias” e tocala varias
veces antes de métela na súa bolsa correspondente e pechar ben.
-
- Meter una última rebanda na bolsa, pero esta vez coas
mans ben limpiñas e pechar.
Sería recomendable etiquetar as mostras, xa sexa con letras números ou
debuxos, eles deciden
Unha vez rematado todo o procedemento, podemos pedirlle aos nenos, como bos
científicos, que nos expoñan a súa hipótese (Que pensan que vai pasar?)
Cada día podemos ir observando o que vai sucedendo con cada una das rebandas/
mostras e pasados uns días xa poderemos comprobar se as nosas hipóteses eran certas
ou non.
Aquí vos deixamos unha pequena pista...
3º Composición de primavera
Xa fai uns días que a primavera nos acompaña,
polo que a nosa idea é que os nenos/as fagan unha composición con elementos do
medio natural (se é posible), tapóns, papeis ou outros obxectos que se lles
ocorran. Será unha composición móbil representando elementos da primavera(
flores, bolboretas, etc) cando dicimos móbil referímonos a que non tedes que
pegar os elementos senón que será para facer e desfacer as veces que queiran, deixade
voar a súa imaxinación! A ou as creacións que vaian facendo podedes sacarlle
unha fotografía para que vos quede de recordo e tamén por si vos apetece enviar
a actividade ao correo da aula para subir ao blog e compartila cos
compañeiros/as.
4º Xogo en familia: Para recordar vellos tempos e aproveitando que xa
levamos uns días a xuntar tapóns propoñémosvos xogar ás chapas cos pequen@s,
podedes facer unha carreira de chapas, deseñar un circuíto...
Non esquecer compartir algún momento de lectura con eles, pero sobretodo
desfrutade do tempo que teñades para estar en familia. Bicos!
Coma sempre para calquera dúbida que teñades coas actividades, ou calquera
cuestión que nos queirades trasladar podedes mandar un correo a
No hay comentarios:
Publicar un comentario