1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e
debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e
estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos
(palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que
estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando
de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces
que as lavan cada día ¿ acadarán o récord? E por suposto podedes elixir
actividades de vida práctica para facer cando decidades.
2º Reto para súper heroes: Algo moi
importante para que os súper heroes poidan controlar os seus poderes saber recoñecer as súas emocións, dado que non
todos os días nos sentimos da mesma maneira, por iso hoxe vos propoñemos unha
nova misión. Será un reto que deberemos ir completando cada día do mes de
abril. Consiste en que cada día pintemos segundo o código de cor que aparece no
arquivo adxunto, dependendo que como nos sintamos cada día . Un pqueno truco: recordade como facíamos todos os días na clase os compañeiros nos preguntaban "Cómo estás hoxe?". Ánimo meus súper heroes, sei que este reto para vos está "chupado"!
Podedes descargara plantilla no seguinte enlace: CALENDARIO EMOCIÓNS
3º Corazóns azuis:
Dado que hoxe celebramos o Día mundial da concienciación sobre
o autismo, dende o equipo de Infantil pensamos en propoñervos o seguinte:
Crear corazóns de cor azul, dado que este é a cor que se representa este día, pode ser con calquera material ou técnica, cartolina, con pintura, ceras, goma eva, o que qeuirades, o que sí ten que levar é moito cariño. O
ideal sería que, ao igual que facedes cos arcos da vella, puxerades os corazóns na fiestra
e que saquedes unha foto para enviarnos ao correo. Sería bonito que vos animarades a participar todos e
todas.
Deixámosvos tamén o enlace a unha canción que ten moito
que ver tanto coa cor que representa este día como co proxecto que estábamos
traballar no cole, relacionado co mar.
Dispoñedes de máis recursos relacionados con este día no apartado de orientación da páxina do colexo.
(imaxe de aspanaes .org)
E coma sempre non esquezades de
deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida (a hora de ir para a
cama é un bo momento)
Seguimos estando a vosa
disposición para calquera dúbida no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
Esperamos recibir moitos corazóns
azuis! Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario