Ola familias aquí vos deixo as propostas de mañá:
1º Coma todos
os días faremos as rutinas, a do calendario e a de debuxar
o virus na man sen esquecer anotar. Tamén poden seguir colaborando nas tarefas do fogar.
2º
Revisión de súper heroes: De vez en cando todos debemos facer algunha revisión
para ver como vai a nosa saúde, neste caso vamos ver como van os nosos
súper poderes, para comprobalo debedes de pasar as seguintes probas
SUPERTACTO.Tedes que pechar moi ben os ollos e adiviñar que parte
do corpo vos están tocando.
Outra posibilidade é pechar os ollos co brazo
estendido e a palma da man cara abaixo. Pónselles (ás veces) una palliña e
eles/as teñen que dicir cando notan que estaba a palliña e cando non.
SUPERVELOCIDADE. Os nenos/as teñen que correr 50 segundos
pero sen moverse do sitio.
SUPERVISTA. 1ª
opción : Agochar un obxecto da casa, os demais deben adiviñar que falta. Hai
obxectos que sempre están aí pero daranse conta de que falta?
Tamén
vale poñer uns obxectos
encima da mesa, que os vexan uns segundos e logo taparllos. Deben recordar o
máximo número de obxectos posible.
SUPERFORZA. Teñen que facer un pulso chino.
SUPEROLFACTO. Cos
ollos pechados deben adiviñar diferentes olores; colonia, limón, vinagre, menta,
loureiro, etc si impregnades dous
algodóns con cada un dos olores tamén podedes buscar a súa parella.
2º Conto,
Elixir un dos contos que teñades na casa ou dos enlaces que vos deixamos na batería de
actividades, lelo cun adulto e logo facer unha das actividades propostas para traballar cos
contos. Como recordadredes na primeira entrada que fixemos do blog deixamos unha ficha para
facer estas actividades.
Volvo a deixarvos o enlace para que vos sexa
máis doado atopalos
3º Curtametraxe
Como xa sabemos
a este virus vencémolo xuntos, pois ben aquí vos deixamos unha curta (ou o que
é o mesmo, unha película curta) para que comprobedes a importancia de aprender
uns dos outros, de axudarnos e en definitiva do traballo en equipo. Esperamos
que o desfrutedes
Coma sempre, non esquezades deixalles tempo sempre para que xoguen libremente e para xogar xuntos! Moitas apertas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario