jueves, 30 de abril de 2020

At the Seaside_ xogo interactivo

Good morning!
Para que o pasedes ben esta fin de semana, déixovos o link dun xogo interactivo para repasar os números:
AT THE SEASIDE
Seaside significa "praia" ou "costa" en English, e no xogo temos que contar aquelo que nos indica o contador de abaixo, como vemos nesta imaxe:

https://www.booktrust.org.uk/books-and-reading/have-some-fun/storybooks-and-games/at-the-seaside/

"CAN YOU COUNT THE SUN IN THE SKY?" --> polo tanto nesta páxina os nenos/as deben contar os soles da imaxe (ONE) facendo click co rato no sol neste caso ou nas cousas que nos indica cada páxina, e así o contador marcará os numbers.
Déixovos a continuación un glosario coas palabras que van aparecendo no xogo e o seu significado, para que saibades onde tedes que clicar. A semana que ven subirei un vídeo no que sairei eu facendo o xogo, para que os nenos e nenas escoiten o conto en English e comproben se o fixeron ben.
SUN: sol
SHIPS: barcos
CASTLES IN THE SAND: castelos na area
SEASHELLS: cunchas
STARFISH: estreliña de mar  (neste caso teñen que clicar nos braciños da estrela, que ten 5 puntas)
CRABS: cangrexos
CHILDREN: nenos e nenas. (How many children? teñen que contar cantos nenos hai)
SANDWICHES: bocadillos
TOES: dedos dos pés
Enjoy it!

lunes, 27 de abril de 2020

The very hungry Caterpillar

Good morning kids!
How are you today?
Para esta semana temos un conto moi chulo que xa coñecedes, pero que imos a escoitar en English!
THE VERY HUNGRY CATERPILLAR  trátase da historia dunha eiruga moi famenta ( HUNGRY)  que come e come ate convertirse en bolboreta.
Son bonitas as bolboretas, verdade?

Sabedes como é bolboreta en english? BUTTERFLY!

domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O LUNS 27

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
 Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. EXPERIMENTO Plantación de primavera”

Necesitamos
-      Unha bolsa tipo zip, vaso transparente ou recipiente que lles permita ver as raíces da planta.
-      Algodón.
-      Lentellas, fabas ou algunha outra semente.

Procedemento
1º Colocamos un pouco de algodón na bolsa ou vaso e as sementes encima.
2º Presionamos lixeiramente cos dedos para que quede ben asentadas e fagan un bo contacto.
3ºTapamos con outro algodón lixeiramente humedecido e presionamos de novo
4ºPechamos a bolsa.
5º Poñemolo a luz (podemos colocalo na fiestra)
6º Esperamos e vamos observando o proceso (se nos apetece podemos ir sacando fotos para ver como foi evolucionando e incluso medir e anotar canto foi crecendo)

Deixámovos un enlace a un conto relatado por nenos e nenas e que está moi relacionado co tema premede na imaxe para acceder.
https://youtu.be/Jc5lSPTzRPA

Esta será a actividade obrigatoria de hoxe

3. ACTIVIDADE 9 Trátase dunha secuencia sobre a actividade anterior, pero, como consello diriámosvos que a fixerades unha vez xermine a planta para que poidan ver o proceso completo.

4. ACTIVIDADE 10 Hoxe vamos ter que abrir ben o oídos e recoñecer os sons polas que empezan as palabras (podedes atopar a actividade no dossier)

ACTIVIDADES PARA O MARTES 28

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
 Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2.XOGO "Cociñando palabras a mariñeira"

Necesitamos:
-      As imaxes dos animais (imprimir arquivo adxunto animais)
-      Os ovos coas letras (imprimir arquivo adxunto “ovos”)
-      Unha tixola (podedes imprimir o arquivo "tixola" ou utilizar unha de verdade que lle resultará máis significativo)
-      Un mandil e gorro (opcional)
-      Unha espumadeira (opcional)

Como xogar:
1º Recortamos as imaxes e os ovos (podedes axudarlles)
2º Poñemos o mandil pois como todos os vos cociñeiros debemos prepararnos para a faena (esto facémolo para poñer aos nen@s en situación e que lles resulte máis divertido pero non é obligatorio)
3º Collemos a imaxe da tixola ou unha de verdade.
4º Escollemos a tarxeta dun animal.
5º Buscamos todas as letras dese animal ( poden coller unha espumadeira para facer o trasvase á tixola, resultaralles mais divertido)
6º Sacamos unha foto da nosa comida e incluso podemos inventar un nome para a nosa receita se o desexamos.
Podemos repetir cantas veces nos apeteza e incluso poñer un tempo para atopar as letras e se faga aínda máis divertido.

Esta actividade será a obrigatoria de hoxe, para realizala debedes imprimir os seguintes arquivos,premede nos enlaces: 

3. ACTIVIDADES 11: Axudade ao gatiño a atopar o camiño! (a actividade atoparédela no dosier de actividades, ao final das etradas)

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 29

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
 Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2.SACAPENAS
Como sabedes abril é o mes dos libros e como queremos encher a nosa páxina web de contos deixamos unha nova sorpresa. Esperamos que vos guste! Premede na imaxe para descubrila.
https://youtu.be/1M6_x241dbg

Como vedes, estes pequenos bonequiños poden axudarnos a aliviar as preocupacións que nestes días poden sentir os pequenos, polo que o que hoxe vos propoñemos é que fagades os vosos propios sacapenas para poder contarlle as vosas preocupacións. 

Hai moitos tipos e maneiras de facelos, como podedes ver nas seguintes imaxes:

Aquí deixámosvos un par de vídeos, onde poderedes ver como se fan e a historia dos mesmos e outro cunha canción relacionada.

4. ACTIVIDADES SACAPENAS  Estas serían a actividades obrigatorias de hoxe premede na seguinte imaxe para descargalas.

https://drive.google.com/open?id=1PgKRLnbF0dLPSKldHu9l2HGk5MMEs1kf

ANIVERSARIOS ABRIL

Hoxe no cole, celebraríamos os aniversarios do mes de Abril, como xa fixemos anteriormente non queremos deixar de felicitar a unha personiña que cumple neste mes, asique, Parabéns ARI!! Mirade na páxina do cole e atoparedes a sorpresiña!

ACTIVIDADES PARA O XOVES 30

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
 Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. MOVEMENTO “Entre pegadas anda o xogo”
Hoxe presentámosvos un xogo para estimular o equilibrio dos nen@s. Para crealo, simplemente necesitades cartolinas de cores , nas cales nunha cor imprimiremos as mans e noutra cor diferente os pes. No caso de non dispoñer de cartolinas valerá cartón ou papel que poden pintar eles ou axudarlles vos si vedes que se van cansar demasiado xa que son bastantes.  Outra posibilidade sería simplemente debuxalas no chan, usade a vosa creatividade para buscar a opción que máis se vos axuste xa que o obxectivo desta actividade é mellorar a súa coordinación e equilibrio.

Unha vez feitas as plantillas fixarémolas ao chan con cinta adhesiva (consello si a cinta é ancha e tedes suficiente, podedes cubrir toda a silueta moito mellor xa que evitaremos que o papel rompa e que poidan esvarar).
Comezaremos cun circuíto de pouca dificultade salteado algunha pegada para que teña que saltar ou dar pasos grandes. Cando o neno supere está proba podes combinar nunha mesma liña pes esquerdos e dereitos para obrigarlles a cruzar as pernas. Podedes  crear tantas combinacións  como queirades.
Deixamos varias imaxes de como facelos

 Premede no seguinte enlace para descargar as plantillas das pegadas: PISADAS

3. ACTIVIDADES 12  Abride ben os ollos e prestade moita atención (Esta será a actividade obrigatoria de hoxe, atoparédela no dossier de actividades, nos documentos adxuntos) 

5. DÍA DO TRABALLADOR/ADebuxos e palabras con corazón”

Como sempre vos digo, debemos ser bos compañeiros e dar as gracias cando alguén nos axuda (esa é una das palabras con corazón que dicimos moitas veces na aula recordades?) As palabras con corazón axudan aos demais a sentirse ben.

Estades demostrando ser auténticos superhérohes cumprindo coa vosa misión, quedar na casa e derrotar ao virus, pero seguro que coñecedes a alguén, familiares ou amigos da familia, que estes días tamén teñen que cumprir con outras misións moi importantes; os que teñen curar a outras personas (médicos/as, auxilires, celatores/as, enfermeiros/as, etc) limpiadores/as, agricultores/as, gandeiros/as, operarios de fábricas, transportistas, persoal de recollida do lixo, persoal de supermercados etc. Todos colaboran para montar este gran puzle que é o de coidar de nós.

Dado que mañá celebramos o día do traballo, e dada a situación, propoñémosvos que fagamos un pequeno homenaxe para as persoas que cada día teñen que saír a traballar, e así, animalos e darlles as gracias polo seu esforzo!

Trátase de facerlle un debuxo e escribirlle algunha palabra con corazón algunha destas personas. Unha vez feitos a idea é facerllos chegar a a esas persoas Como?, pois entregarllos cando algún dos adultos da vosa casa vaian ao supermercado, a farmacia, gasolineira, darlos aos compañeiros dos vosos familiares, pegalos no contedor do lixo... ou simplemente poñelo nas ventanas ou no noso blogue para que os poidan ver o noso agracecemento (temos varias posibilidades, pero recordade sempre cumprindo as normas). 
Sería interesante que enviarades as fotografías para facer o mural das grazas. Ánimo e mans a obra!  
 ARQUIVOS ADXUNTOS

a   A continuación deixodo dous recursos que utilizamos moito na aula para que vós tamén os poidades ter a man na casa e os nenos /as os poidan utilizar de apoio cando teñan dúbidas por exemplo de como se escribe algún número, nese caso comezarán a contar dende o 1 e pararán no que necesiten. Tamén os utilizar para ver que números van antes e despois, etc ou incluso cando propoñamos algún xogo en concreto de lóxica
- 
RECTA NUMÉRICA  
 ( Debedes recortala e pegala como se indica, o ideal sería plastificalo ou forralo mesmo con cinta adhesiva transparente, deste xeito poden manexala sen que se estrague. Ollo, non é necesario que a montedes ata o 100 podedes parar a partir do 31 que son os días do calendario, xa que de momento non estamos a traballar con eles cantidades moito máis grandes)

E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por suposto non vos esquezades de dedicarlle un anaquiño de tempo a lectura compartida e ao paseiño diario!

Coma sempre para calquera dúbida non dubidedes en contactar connosco no correo da aula. Grazas infinitas por seguir esforzándovos por colaborar connosco. Unha aperta da profe!

CONTO "UNA SALIDA ESPECIAL"

Ola nen@s, hoxe debe de estar a ser un día moi especial para vós, pois por fin poidéchedes comezar a dar eses primeiros paseos. Por iso queremos deixarvos outro contiño moi especial onde se nos narran as aventuras de Lobo nesta primeira saída. Esperamos que o esteades a pasar xenial e que vos guste este precioso conto tanto como a nos. A súa autora chámase Beatriz Costo  e o conto titúlase "Unha saída especial"
Premede na imaxe para decubrir as súa aventura:

https://player.vimeo.com/video/411566658

sábado, 25 de abril de 2020

A pasear co conto "O OSO GOLOSO"

Ola de novo nenos/as, levamos moito tempo sen poder saír da casa, pero xa queda moi pouquiño para que o poidades facer👏, pois a partir de mañá, domingo 26 de abril xa poderedes dar pequenos paseos. Como sempre vos digo “debemos ter paciencia” e vós tivestes moita, polo que tod@ estamos moi orgullosos de vos.
Desexamos que desfrutedes moitísimo destas saídas, pero recordade que que seguimos tendo que ser responsables, e para que entendades moi ben o que quere dicir esta palabra deixámosvos O CONTO DO OSO GOLOSO (documento adxunto) onde explica como deberemos facer para selo cando saiamos a dar os nosos paseos. Espero que vos guste e que o pasedes xenial!!

Documento adxunto: O OSO GOLOSO