domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LUNS 23 DE MARZO



Comezamos nova semana e novas propostas, as de hoxe son:

1º  Rutinas: Como cada día facemos a rutina do calendario.
Engadimos tamén unha nova recurso, unha batería de actividades relacionadas coa rutinas diarias da casa coa intención de vos as vaiades facendo ao voso ritmo se desexades.

2º  Enredamos cun pequeno xogo matemático, trátase de buscar obxectos segundo unha característica determinada Ex: elementos para realizar unha determinada actividade, por forma (cadrados, círculos, etc), cor (marrón, amarela...), ou a que vos desexedes, deberedes darlle un tempo límite para buscalos (poñerlles un reloxo de area ou cotar por exemplo ata 20). Unha vez que os teñan deberán dicir cantos elementos cren que conseguiron aproximadamente, logo contaranos para ver si acertaron.
3º Podedes elixir algunha actividade impresa de atención da batería de actividades que xa tiñamos (corresponderíanse coas das páxinas 7 e 8 do documento)
3º Seguimos cos retos para super héroes, nesta ocasión queremos presentarvos o conto dunha nena que coma nos loita contra o virus. Ao final do conto ides atopar unha serie de actividades, podedes facer a primeira se o desexades. Tamén vos atoparedes cunha serie de orientacións para as familias que nos parecen interesantes  (podedes descargar o conto en PDF premendo na imaxe)
https://drive.google.com/open?id=1RGSWTyQE7UxgGLvSBrL_g5ax_uOfFbLT

No hay comentarios:

Publicar un comentario