viernes, 20 de marzo de 2020

Vamos de concerto?

Ola de novo familias aínda que seguimos de ponte polo hoxe querémosvos ofrecer un novo recurso de entretemento para os pequenos, levamos xa algúns días na casiña e non nos ven mal un pouquiño de movemento, así que propoñemos asistir a un concerto online a cargo do músico Paco nogueiras. Para acceder premede na imaxe, se vos da problemas teriades que ir ao buscador de Facebook e poñer Paco Nogueiras Nodar para acceder ao seu perfil, alí aparece un vídeo onde vos explica os detalles deste concerto. Animádevos, pode ser divertido!



E recordade que unha das actividades máis importantes que podemos facer cos nenos é a lectura, lede todos os días aínda que nos non o propoñades como tarefa, lede por pracer, lede cos nen@s e lede tamén vos como adultos, porque somos o mellor modelo que poden ter.
Durante este fin de semana tamén vos invito a que faledes moito con eles, preguntádelle que lles apetece facer, podedes inventar algún xogo xuntos de aínda que tamén é importante que xoguen libremente de forma que fomentemos a súa creatividade e aprendizaxe porque esta é a maneira máis natural que teñen de aprender os cativ@s. Por suposto podedes enviarnos tamén as ideas que se vos ocorran ao noso correo (abanqueiro4@gmail.com), seguro son moi creativas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario