martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 1 DE ABRIL


1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
         Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada día ¿acadarán o récord? E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.
OLLO! tede en conta que hoxe cambiamos o mes polo que vos deixamos o enlace co novo calendario.

2º Reto de súper heroes, o meu símbolo.
Durante os vindeiros días vamos a crear todo o que necesitamos para convertirnos en súper heroes contra o coronavirus, é dicir, teremos que inventar un, símbolo, un nome, un traxe e un compañeiro/a.
Hoxe vamos comezar por idear un SÍMBOLO que nos represente.

3º Primavera colorida: Hoxe tamén vos propoñemos unha actividade na que a maxia vai ter un papel importante.
Para realizala necesitamos:
-      Papel de cociña
-      Rotuladores (preferiblemente permanentes
-      E un recipiente con auga fría

Os pasos a seguir son os seguintes:

1º Dobrar o papel pola metade
2º Por un lado do papel facemos o debuxo que teña que ver coa primavera e coloréano cos colores que máis nos gusten (utilizando os rotuladores)
3º Polo outro lado calcamos a silueta do debuxo que fixemos anteriormente
4º Unha vez temos o debuxo feito ven o momento da maxia. Metemos o debuxo no recipiente con auga (coa silueta cara arriba e o debuxo coloreado para abaixo) e a gardar para ver o que sucede!

Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso







Maxia!


E coma sempre non esquezades de deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida.

 Seguimos estando a vosa disposición para calquera dúbida no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
 

lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MARTES 31 MARZO


1ºRutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
         Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada día. E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

Hoxe retámosvos a facer unha nova misión para súper heroes, neste caso teredes que demostrar como andades de  “superpuntería” e “súpercálculo” para elo propoñémosvos un xogo de bolos contra o virus para elo primeiro teredes que construír os bolos da forma que máis vos guste , con botellas, tubos de papel ou co material de reciclaxe que se vos ocorra e teñades dispoñible (mais abaixo deixamos unhas imaxes de como facelos). Na parte de adiante do bolo debedes debuxar un virus e na parte de atrás debuxar un número, o ideal é que fagades 10 bolos para poder ter unha decena e poder traballar cos números do 1 ao 10 pero si non vos é posible conseguir tanto material facede ata o número que poidades conseguir. Unha vez que teñamos os bolos construímos unha pelotiña ou usamos unha que xa teñamos. 



O xogo consistirá en colocar todos os bolos no chan (a parte donde debuxaron o virus debe mirar cara nos e o número quedará na parte de atras) e intentar tirar todos os bolos no menor número de tiradas posible. 

É importante que cando os vaian tirando lle fagades preguntas como ¿Cantos tiraches, cantos che quedan, cantos che quedan por tirar? Despois de xogar así algunha vez podedes complicarllo tapando os ollos, retirar os bolos que tirou e que el teña que adiviñar cantos foron a partir dos que quedaron en pe.

Logo de cada tirada poden anotar cantos virus tiraron e que número tiña cada bolo (recordade que cada bolo debería ter o debuxo do virus por adiante e un número do 1 ao 10 por atrás) deixamos unha ficha de exemplo podedes usala ou simplemente anotar nun folio.


Importante; Todas estas actividades debedes adaptarllas ao nivel dos nenos/as

3º Búsqueda de letras, esta actividade consiste en buscar obxectos que comecen pola mesma letra que o nome dunha persoa coñecida (familiar, amigo, etc) logo teremos que buscar cousas pola casa comecen pola inicial do nome que cada un de nós lixa. Podedes sacar unha fotografía e mandárnola. Ollo, cando mandedes a foto debedes poner o nome da persoa que elexíchedes.
Por exemplo: Mari (foto Mazá)
Ademais e en relación con este xogo podedes ir facendo a páxina 9 do archivo de actividades impresas que xa tiñamos descargado (volvo a deixar o enlace a continuación)



E coma sempre non esquezades de deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida.

 No caso que teñades algunha dúbida ou necesidade respecto as actividades, recordade que seguimos estando a vosa disposición no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu