lunes, 23 de marzo de 2020

ATRÉVESTE A SER ILUSTRADOR

Ola de novo familias, como sabedes moitos son os artistas que nestes días se están ofrecendo a entreter aos mais pequenos da casa, neste caso a proposta xurde dun coñecido pintor e ilustrador galego, Leandro Lamas, espéravos hoxe ás 16:00 retransmitindo en directo un obradoiro de debuxo. Realizará un deseño para que os cativ@s e maiores poidades facelo ao mesmo tempo que el se o desexades e así convertervos en ilustradores por un anaco. Animádesvos?
Para acceder ao seu perfil tedes que introducir o nome Leandro Lamas no buscador de Facebook dende alí poderedes ver información da actividade.  Tamén vos deixo o enlace ao seu blogue para que poidades ver algunhas das súas obras (premede na seguinte imaxe)

http://leandrolamas.blogspot.com/


No hay comentarios:

Publicar un comentario