Boas familias comezamos unha nova semana con novas propostas e para o día de hoxe temos as seguintes:
1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e
debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que
estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos,
pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro.
Recordade que tamén podemos
seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada día ¿ acadarán
o récord? E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer
cando decidades.
2º Reto para súperheroes: No anterior reto intentamos facilitarvos un recurso para que os pequenos comprenderan
a importancia de lavar as mans, pos ben hoxe queremos propoñémosvos outro
pequeno experimento co que poder comprobar cal é a forma máis axeitada de facelo. A continuación deixamos o enlace dun vídeo
onde nos ensinan como facelo.
Ademais do vídeo tamén vos deixamos un xogo no cal poderedes lavar as mans, de forma interactiva e acceder a
outras moitas actividades acompañados dunha personaxe moi simpática, o pequeno Fantasmín,
xa veredes cantas cousas podedes aprender con el!
Para poder entrar tendes que facer
clic no seguinte enlace: http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/
Unha vez na páxina clicamos en
alumnado:
Ollo: Pode ser que a páxina vos solicite que activedes o Adobe Flash, premedes no símbolo, vai saín unha pequena ventá emerxaente que vos pregunta si queredes permitir, clicade en aceptar)
Despois disto debería aparecer un Castelo na pantalla
Despois disto debería aparecer un Castelo na pantalla
Prememos na porta para poder entrar ao castelo
Agora clicamos na fonte e xa podemos comezar a lavar as manciñas
Para facer desaparecer as manchas
debemos clicar encima de cada unha delas ata que as eliminemos todiñas e nos
queden unas mans limpas, limpas!
Unha vez conseguido, poderán
seguir probando os diferentes xogos que nos ofrece a páxina. Esperemos que vos
divirtades!
E unha derradeira proposta:
3º “Exploramos animais?” Esta é unha actividade
sorpresa para os nen@s. Debedes pinchar no documento adxunto, no cal se explica
como facer.
E coma sempre non esquezades de
deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida.
Seguimos estando a vosa
disposición para calquera dúbida no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
No hay comentarios:
Publicar un comentario