Hoxe toca experimentar
ACTIVIDADES MÉRCORES 18 MARZO
Ola de novo! familias, a proposta de actividades para
o día de hoxe son ...
1º Rutinas: Como cada día facemos a rutina do
calendario.
2º Que vos parece se tornamos en científicos
cos seguintes experimentos, animádevos? a diversión témola asegurada!
o Experimento 1. Como
reaccionan os virus cando nos lavamos as mans?
Deixamos este
enlace para que vexades a importancia que ten lavar as mans para que os virus
non entren no noso corpo.
Podedes facer
vós tamén o experimento. Seguro que ás cativas e aos cativos lles vai a
encantar.
o Experimento 2. Facemos
plastilina caseira: non hai nada que lle guste máis aos nenos e ás nenas que
xogar coa plastilina. Que vos parece se hoxe a facemos nos mesmos?. No
documento adxunto deixamos a receita.
Premede na imaxe para ver a receita para poder
seguir os pasos fácilmente
Despois de facer a
plastilina e de xogar con ela, deixamos dous pequenos traballos sobre o que
aprendemos con este experimento no sequinte enlace:
3º Retos
para súper heroes:
💪Seguimos sendo súper heroes moi limpiños:
voltamos a debuxar na nosa man o virus.
💪 Que vos parece se para que
este virus marche o antes posible e non se atreva a entrar nas nosas casas
facemos un ESPANTAVIRUS ?:
Un ESPANTAVIRUS é
un boneco que colgaremos na porta da casa ou na ventana para que os virus non
se atrevan a entrar.
Para facer
o ESPANTAVIRUS necesitamos:
1
calcetín
Arroz,
garabanzos, fideos,… ou calquera tipo de pasta ou legumes que se nos
ocorra.
Papeis
e ceras
Tesoiras
e pegamento.
Moita
imaxinación
Os pasos son os
seguintes:
1. Os nenos encherán o calcetín con arroz,
garabanzos, fideos,…, así traballarán a motricidade fina. Poden facelo coas
mans ou cunha culler.
2. Unha vez que temos feita a cabeza do noso
espantavirus, pedimos axuda a un adulto para anudalo.
3. A continuación debuxaremos os ollos, o nariz, a
boca,… e pegarémosllo ao calcetín. Tamén lle faremos un cartel, no cal cada
neno poderá poñer a mensaxe que queira, como por exemplo “Virus aquí non
entras” ou “Virus non”, etc.
4. Por último colgaremos o ESPANTAVIRUS da
porta da casa ou da ventá.
Deixamos un
enlace para que poidades ver como facelo ( aparece no minuto 3:11 do vídeo
ainda que as ideas anteriores tamén son interesantes)
Ollo! se
se vos ocorre outra maneira de facelo adiante!
E recordade aínda que podedes mandarnos dúbidas
sobre calquera actividade que non entendades e incluso fotos dos nenos/as
realizándoas, quen sabe se con elas ata poidamos facer un albume para recordar
as "aventuras" destes días tan atípicos. Estou a vosa disposición no
correo da aula (ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu)
No hay comentarios:
Publicar un comentario