Estimadas familias, ante a supresión da actividade
lectiva a causa da situación actual, dende o Equipo de Educación Infantil
mandamos unha batería de xogos, traballo a partir de contos e actividades
impresas, diariamente iremos publicando a forma de organizalas. Tede en conta
que non van a ser actividades avaliables, polo que todo canto poidan facer non
será para adiantar contidos, senón para repasar o xa visto e ofrecervos ás
familias unha serie de posibilidades coas que traballar. Así pois como podedes
comprobar adxuntamos varios documentos.
Ademais queremos compartir convosco un novo recurso
crendo que pode axudar a que os cativ@s comprendan mellor esta situación na que
nos estamos a ver inmersos. Trátase dun conto no que se transmite a necesidade
de cumprir cunha tarefa fundamental nestes momentos a "Misión queda na
casa". Entendemos que estes non están a ser días doados polo que
aproveitamos para mandarvos moito ánimo e unha grande aperta!
ACTIVIDADES LUNS 16 MARZO
Comezamos co traballo desta semana, como ben sabedes é recomendable, na
medida do posible, que os nenos/as sigan unha rutina ao igual que facemos cando
vamos ao cole, desta forma atópanse entretidos e perden o ritmo o menos
posible. Nesta entrada lanzamos a nosa proposta de actividades para o día de
hoxe:
1º Realizamos a rutina do calendario explicada no documento da batería de
actividades (para o que teredes que imprimir o calendario que vos mando como
adxunto ou usar un calendario que teñades na casa)
2º Reto do día: Nestas semanas e dado que aos cativ@s lles provoca tanto
interese este tipo de personaxes converterémonos en superhéroes, como podedes
comprobar xa colgamos unha primeira misión (“misión quedarse en casa”) agora
propoñemos unha nova:
Cada día debuxamos un virus na man (cun rotulador). Ao longo do día deberás
intentar borrar o debuxo, lavando as mans con auga e xabón, así comprobarán que
cantas máis veces laves as mans antes marcha o virus. Podedes facer un rexistro
diario de cantas veces lavan as mans cada día e se conseguen, ou non, borrar o
debuxo.
3ª Actividade impresa (ver arquivo adxunto), os nenos/as poden elixir unha
das actividades que máis lles interese das que se propoñen no documento
4º Conto, como xa explicamos na batería de actividades, pode ser das
páxinas que propuxemos nos enlaces ou dos que teñades na casa. Despois de ver o
conto, faremos unha das actividades propostas que podemos atopar na batería de
actividades. (Os enlaces aos conto as actividades sobre os mesmos e as fichas
dos contos atópanse nos arquivos adxuntos enviados onte)
Ah, e non vos esquezades de deixar un tempiño para merendar e para xogar!
ENLACES AOS ARQUIVOS
Ficha conto
Misión quedar na casa
Actividades impresas
Calendario Marzo
Batería de actividades
Desculpade a tardanza pero estivemos a ter diversos problemiñas técnicos co enlace ao noso blog que non poidemos dar solucionado ata o de agora, agora sí xa nos podemos poñer en marcha!
No hay comentarios:
Publicar un comentario