domingo, 31 de mayo de 2020

ACTIVIDADES SEMANA 1 AO 5 DE XUÑO


Comezamos a recta final deste curso tan peculiar, estas son as actividades que propoñemos para esta semana.


ACTIVIDADES PARA O LUNS 1

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos,etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Tamén vos deixamos un novo calendario de emocións, para que sigades coloreando cada día e así ao final do mes teñamos unha idea de como foron mudando as nosas emocións  ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes. Premede no enlace para descargalo

E comezamos novo mes volvemos a deixarvos a canción dos meses do ano para darlle a benvida a xuño

E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. CONTO 

Levamos varios días pasando tempo xuntiños en familia e dando conta da importancia da mesma, polo que hoxe queremos facer unha pequena homenaxe a cada unha das vosas familias, todas sodes diferentes pero todas importantes.



Actividade a partir do conto: Faremos unha pequena representación da familia tal como podedes ver nas seguintes imaxes, para descargar a actividade premede no enlace



(imaxe cedida por coleccionandocuentos.blogspot.com)


3. ACTIVIDADE 27 NÚMEROS VECIÑOS

E como non hai familia sen veciños hoxe seguimos practicando numeración a través do método ABN desta vez seguimos avanzando no coñecemento da recta numérica a través dos veciños dos números, e dicir o anterior e o posterior (podedes atopar a actividade no dossier que como sempre vos deixo ao final da entrada)
Tamén vos deixo unha actividade interactiva relacionada

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/aparca-el-coche-anterior-y-posterior-1-10/


AVISO📢 REVISADE AS ACTIVIDADE DO MÉRCORES PARA PODER TER UNHA PREVISIÓN DOS MATERIAIS QUE NECESITAREDES.

ACTIVIDADES PARA O MARTES 2

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. BINGO DE NOMES

Hoxe trátase de facer un bingo cos nomes da clase.

Preparación de material

Para facer a actividade o primeiro paso será imprimir o abecedario e a lista do nomes dende os enlaces que vos deixo a continuación (premede para desgargar)


Tamén deberedes ter ceras de colores a man.
Logo debederedes recortar por un lado as letras e por outro as tarxetas dos nomes. Unha vez preparado o material comezamos a xogar (premede no enlace)

Como xogar?

1º Cada xogador  (o ideal e xogar de 2 ou 3 xogadores) escolle varios nomes (máximo 4)
2º Por turnos vamos sabando unha letra, o xogador que a saque debe pronunciar o seu son de xeito que lle anuncia aos demáis xogadores que letra saíu e logo colocala no centro da “mesa” de xogo.
3º Todos os xogadores deberán buscar nas súas tarxetas de nomes a letra que acaba de saír e si a teñen deben coloreala.
O que complete unha tarxeta deberá cantar NOME! E o que complete todas as tarxetas deberá cantar BINGO!
Para non fomentar a competitividade seguiremos xogando ata que todos os xogadores poidan cantar bingo.



3. ACTIVIDADE 28 E para continuar cos veciños vamos a presentalos (atoparedes a ficha no dossier de actividades)


ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 3

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. EXPERIMENTO “Chuvia de cor”

Materiais:
- Espuma de afeitar.
- Auga
- Colorantes alimenticios.

Preparación:
Nun recipiente transparente agregar auga e cubrir con espuma de afeitar. A continuación engadir unhas gotas de colorantes alimenticios que pouco a pouco irán penetrando a través da espuma e estendéndose pola auga para crear unha choiva de cores.

Outra información: As cores pódense engadir todos a vez ou de un en un,
esperando a que o primeiro tinga a auga para agregar o seguinte.
24
3. ACTIVIDADE 29 hoxe vamos sumar!, para facer a actividade necesitaredes 2 dados (Atoparedes a actividade no dossier) 


ACTIVIDADES PARA O XOVES 4

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. PINTA LA PINZA

Queremos unirnos a unha iniciativa solidaria “Pinta la pinza”



Animámosvos a que decoredes as vosas pinzas para colaborar con esta iniciativa solidaria. Aqueles/as que vos animedes mandádenos ao e.mail de aula as fotos das vosas creacións e nós encargarémonos de remitirllas aos organizadores desta iniciativa. Dedido a protección de datos é preferible 

Deixámosvos o enlace ao instagram donde poderedes acceder a súa conta (premede na imaxe para acceder)
https://www.instagram.com/pintalapinca/?utm_source=ig_embed
 3. ACTIVIDADE 30 Nestes días de atrás tivemos moita calor, e cando ven a calor sempre non apetece praia ou piscina, fai unha lista das cousas que tendes que meter na bolsa cando ides e debuxadeas dentro da bolsa (podedes atopara actividade no dossier)
 

ACTIVIDADES PARA O VENRES 5

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. IMOS DE EXCURSIÓN


A estas alturas, se o curso seguise de xeito habitual, estaríamos preparándonos para realizar algunha saída. Como durnate oa anterires trimestre estivemos traballando sobre o mar queremos propoñervos realizar unha saida virtual, asique preparade as vosa mochilas porque hoxe viaxaremos ata o Aquarium Finisterrae da Coruña. Farémolo a través dun vídeo que este museo nos ofrece dende a súa conta de youtube. Vamos aproveitar esta oportunidade que para coñecer un pouquiño máis sobre os ...


POLBOS!Escoitade ben a guía, vai contar cousiñas ben interesantes!



Deixamos tamén o enlace a varias actividades propostas dende a páxina de museos científicos coruñeses, por se queredes botarlle unha ollada e realizar algunha das actividades propostas (premede na imaxe)



3. ZUMBA!

E como non, hoxe venres, non pode faltar algo de movemento, Hoxe presentámosvos unha clase de ZUMBA! para moverse e divertisre!





ARQUIVOS ADXUNTOS

E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por suposto non vos esquezades de dedicarlle un tempiño á lectura compartida!
Moitos biquiños da profe!

Para calquera dubida escribídenos un e-mail ao correo de aula.

Relixión-semana 1-5 de xuño

MENSAXE DE DESPEDIDA ÁS FAMILIAS

Queridas familias e queridos alumn@s, estamos chegando ás portas do final de curso e dado o grande esforzo que fixestes colaborando en todo: as familias coas tarefas dos rapaces, os rapaces
co seu traballo,... nestas circunstancias tan difíciles e complicadas para todos , hai que dar valor a todo isto.
Houbo que compaxinar o traballo dos adultos co dos nen@s, as angustias, as dores pola enfermidade que tocou nalgúns dos nosos fogares, e tantos inconvenientes que viñan presentándose debido ápandemia..Tamén tivestes a cara bonita de poder pasar máis tempo cos vosos fillos e disfrutar máis deles, pois así o sentiron os nen@s.
Por todo iso e por máis merecedes , non só un aplauso, senón un gran recoñecemento pola parte que me toca dende a miña humilde materia de relixión.
Aquí lles deixo aos vosos fillos un pequeniño diploma para que eles mesmos decoren e pinten ao seu gusto e escriban con letras bonitas o seu nome (o que queira que o encadre ou pegue nunha cartulina ,é totalmente voluntario).
Desexo que todo saia ben, que teñades un bo verán e que a ninguén lle falte de nada porque temos tempos difíciles para pasar, pero hai que seguir sendo fortes e continuar loitando polo futuro dos vosos fillos.
Unha aperta moi, moi grande para todos vós que tan ben correspondestes. E outra máis que grande para todos os meus alumn@s, dende os máis pequeniños que empezan ata os maiores ,e aos de 6o que se nos van e que non puidemos despedirnos como nós quixeramos, pero que seguirán no noso corazón e sempre formarán parte desta gran familia de Abanqueiro.

A profe Myriam

jueves, 28 de mayo de 2020

Rumble in the jungle_ storybook



 
Hello kids!
How are you today?
Para que o pasedes ben this weekend, déixovos por aquí outro bonito conto dixital onde nos falan dos animais que viven na xungla.
E ademáis, aquí tedes un xogo interactivo moi chulo onde tedes que colorear a vosa JUNGLE e colocar os WILD ANIMALS que máis vos gusten!

miércoles, 27 de mayo de 2020

English ABC _ Letter B

Good morning!
How are you today?
As vosas fichas coa letter A son moi bonitas, very good! E que vos parece se esta semana facemos a ficha da letter B?
A letra B chámase "bi" en English, e aparece en palabras como BOOK (libro), BANANA (plátano), BELL (campá), BLUE, BUTTERFLY, BALLOON (globo)...
Igual que a semana pasada, déixovos aquí as dúas opcións que tedes para facer a ficha da letter B, para que escollades a que máis vos gusta:

Have a nice week!

domingo, 24 de mayo de 2020

RELIXIÓN 25 ao 29 de Maio


 OLA,PEQUECHOS! XA NOS QUEDA POUQUIÑO ,AQUÍ VOS MANDO UNHA PEQUENIÑA HISTORIA  DUN RATÓN  QUE  FOI BO  CUN GRILO  FERIDO AO QUE NINGÚEN AXUDABA.
   DISFRUTADE MOITO DELA E XOGADE AO AIRE LIBRE.UNHA APERTA MOI GRANDE PARA TODOS VÓS.
Aquí vos deixo as actividades da semana do 25 ao 29 de maio, premede no enlace...

ACTIVIDADES

ACTIVIDADES SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO


ACTIVIDADES PARA O LUNS 25 


1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.


2. CONTO: O colorido mundo de...


Esta vez temos unha sorpresiña para os pequen@s, hoxe os protagonistas do conto van ser eles, pero para a realización desta actividade precisamos da axuda dos nosos axudantes (as familias). Deberedes entrar no seguinte enlace e seguir os pasos https://hurraheroes.com/libro-colorear-todas-estaciones unha vez rematado o proceso chegaravos o conto ao correo, so quedaría imprimir e sorprender aos cativos!

NOTA: Unha vez creado o conto e feita a petición do envío do mesmo, se non atopades o arquivo entre os correos de entrada, revisade as mensaxes spam.

3.TANTOS COMO Seguimos co método ABN, desta vez centrámonos na equivalencias entre conxuntos, e dicir, conxuntos co mesmo número de elementos, e dicir “tantos como”. 
Hoxe tamén vos deixo outra actividade  a actividade en papel, premede na imaxe 
...


http://www.penyagolosaeduca.com/ca/sirve-tantos-cafes-como-clientes-hay-en-cada-mesa-1-5/



ACTIVIDADE 23 unha vez feito o xogo xa podemos parar ao papel (atoparedes a actividade no dossier desta semana, esta é a actividade obrigatoria de hoxe.



ACTIVIDADES PARA O MARTES 26

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.


2. A BOLSA MISTERIOSA

Necesitamos
Unha bolsa e obxectos con diferentes formas (círcular, triangular, cadrada e rectangular), vale calquera tipo de bolsa. 

Como xogar
Metemos na bolsa os diferentes obxectos sen que o neno nos vexa. Logo disto o nen@ (cos ollos pechados) mete a man na bolsa e remove, a continuación colle un obxecto e sen sacalo intenta adiviñar o que é e a forma que ten. Por último saca o obxecto da bolsa e comproba si a súa hipótese era correcta. Para rematar debe buscar un obxecto pola casa que teña as mesmas formas.




ACTIVIDADE IMPRESA BOLSA MISTERIOSA despois de facer a actividade de xeito manipulativo pasamos a facela en papel (atoparédela no dossier desta semana con este mesmo nome)
Esta actividade será a obrigatoria deste día

Tamén vos deixo un pequeno xogo de formas pincha na imaxe para aceder.

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/aplasta-monstruos-por-color-y-forma/



ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 27


1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2.EXPERIMENTO Hoxe vamos facer unha Lámpada de lava! 


Materiais:
  • Un tarro ou un vaso alto.
  • Auga.
  • Aceite.
  • Sal.
  • Colorante.
  • Unha culler.
Procedemento:
  • Enche o tarro con tres cuartas partes de auga.
  • Engade unhas gotas de colorante e remove para que se mesture máis rapidamente coa auga. O efecto “lava” se apreciará mellor si pos pouco colorante.
  • Engade aproximadamente un dedo e medio de aceite.
  • Se queres facer os tres pasos anteriores en distinta orde non haberá ningún problema.
  • Espera a que o aceite se sitúe sobre a auga e a lámpada de lava xa estará lista. 
  • Para que funcione engade unha culleradiña de sal.
  

        Para seguir desfrutando da túa lámpada sigue engadindo sal.




         Non quererán que o efecto se acabe, así que, convén ter bastante sal a man😉

Deixamos tamén un vídeo no que se ve o proceso.



3 ACTIVIDADE 24 hoxe teredes que debuxar ao compañeiro ou compañeira que máis vos gustou ver nas videoconferencias. Teredes que debuxalos e poñer os nomes. (descargar do dossier de actividades, nos documentos adxuntos). Estas será a actividade obrigatoria desta semana.



 

Hoxe no cole, celebraríamos os aniversarios do mes de Maio, como xa fixemos anteriormente non queremos deixar de felicitar a unha personiña que cumple neste mes, asique, Parabéns Nico! Mirade na páxina do cole e atoparedes a sorpresiña!
 

ACTIVIDADES PARA O XOVES 28 

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.
 

2. XICES LÍQUIDAS (TIZAS LÍQUIDAS)


                                                 

Materiais
  • almidón de millo (Maicena)
  • auga
  • témperas, colorantes alimenticios ou acuarelas/témpera líquidas
Como facer
O procedemento é moi sinxelo. Preparamos tantos recipientes (por exemplo, vasos dun so uso...) cantas cores queremos facer, enchémolos ata aproximadamente a metade con almidón de millo. engadimos colorante elixido (as témperas non manchan pero as colores resultan máis claros, cos colorantes alimenticios e as acuarelas os colores son más intensos pero manchan a roupa e tinguen un pouco as mans) e vamos botando auga pouco a pouco, removendo cunha culler, ata que  tome unha consistencia parecida a masa de tortiñas americanas, líquida pero algo densa, como un batido de plátano.


Podemos pintar con esponxas, pinceis, dosificadores, etc. Como sucede coa xiz normal, mentres está mollada as cores vense pouc, pero ao secarse vólvense máis claros e brillantes. O almidón tende a depositarse no fondo, polo que é importante remover antes de empregar a pintura.

Cando as xices estean listas podedes elaborar a nosa obra de arte e enviárnola, pode ser representada en papel en pedra, ou no soporte que vós queirades, votáde a imaxinación a voar!
                           


3. ACTIVIDADE 25 Hoxe vamos cunha actividade de lectoescritura, concentrádevos eabride ben os ollos porque comeza o xogo!


La exigencia del uso de la marca para mantener su protección ...Busca palabras pola casa que teñan a seguinte cantidade de letras, podes buscar en produtos de alimentación, electrodomésticos, roupa, xoguetes, etc, cando os atopedes anotádeos na ficha (podedes descargala no dossier de actividades) 
  FEIRACO   LEGO    BALAY    ZARA  



ACTIVIDADES PARA O VENRES 29


1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.


2. XOGO DE ATENCIÓN CON MOVEMENTO

Hoxe vamos practicar un xogo de atención mesturado con movemento, da man de Berena Fontenla. Podedes adaptarlle o exercicio a capacidade do neno, e dicir, si vedes que non son capaces de reproducir os 4 catro movementos podedes reducirllos a dous ou a tres, ou comezar por dous e aumentando.



3 ACTIVIDADE 26 Hoxe toca seguir avanzando no conteo, cada vez un pouquiño máis difícil, hoxe vamos contar a partir dun número (atoparedes a actividade no dossier desta semana) Esta será a actividade obrigatoria de hoxe.


ARQUIVOS ADXUNTOS

DOSSIER ACTIVIDADES DO 25 AO 29 DE MAIO 



E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por suposto non vos esquezades de dedicarlle un tempiño á lectura compartida!
Moitos biquiños da profe!
    





Para calquera dúbida non dubidedes en contactar connosco a través do correo da aula.