martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MÉRCORES 25 DE MARZO




 Novo día, novas actividades!

1º Coma todos os días faremos as rutinas, a do calendario e a de debuxar o virus na man, para  non esquezan lavalas a miúdo e a este virus non se lle ocorra visitarnos (Recordade  facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man)

2º Reto para súper heroes: Tomar vitamina C sempre é importante pero para loitar contra os virus é imprescindible, por iso, hoxe propoñemos un novo reto, vamos facer zume le laranxa! Mentres o preparamos podemos traballar lóxica matemática: contando cantas laranxas necesitades, en cantas se converten ao cortalas, cantidades (moito zume pouco zume), repartir cantidades iguais en diferentes vasos, etc. Como vedes hai moitas posibilidades de traballo nunha actividade tan cotiá. Con ela traballaredes tamén a coordinación ollo- man, forza e motricidade, por elo é importante que lle deixades facer a eles/as ( na medida do posible), e dicir, debedes acompañalos pero non intervir demasiado. E por último, o máis importante :TOMAR O ZUME! e que non quede nadiña, pois cantos mais tomemos mais fortes estaremos para loitar contra o virus. Aceptades o reto?

3º Hoxe podedes facer a actividade da sopa de letras do documento de actividades impresas, poñede atención para atopar todos os nomes dos “compas”!

4º Como actividade artística invitámosvos a FACER POMPAS DE CORES 

Para realizar esta actividade necesitades

 - 1 vaso de auga
 - Medio vaso de deterxente líquido para lavar a louza
 - 1 chorriño de glicerina ou gomina
 - colorante en gotas ou témpera líquida
 - Palliñas  

 Pasos 
- Mesturamos nunha xerra os ingre dientes sen chegar a bater para que non fagan espuma
- Se queres mellorar os resultados podes deixalos repousar un día enteiro
- Repartide o líquido en diferentes botes e poñede en cada un algunhas gotas de colorante ou témpera líquida disolta segundo escollerades.
-   Metede a palliñaen cada bote, remexedes un pouquiño, quitádea para fóra, soprade e a ver se saen!



 CANCIÓN

Xa por último, para mover un pouco o esqueleto e pasalo ben deixamos unha canción que fixeron os compañeiros/as do CRA de Monterei sobre o coronavirus porque ” ir pa casa non ten que ser aburrido” pero sí que é importante.  Desfrutádea!

AVISO ANIVERSARIOS
Se lembrades, hoxe sería o día no que celebraríamos os aniversarios do mes de Marzo na escola, así que, aínda que non nos poidamos ver, non queríamos pasar sen felicitar aos nenos e nenas que cumpren, así que estade atentos á páxina do cole, na columna da dereita, premade en infantil para poder ver esta pequena dedicatoria. Parabéns a tod@s e en especial (pola parte que nos toca na aula de 4) a  Juan Carlos!


E recordade coma sempre lede, xogade moito e desfrutade da familia. Nos estamos agardando as vosas fotiños, dúbidas, ideas ou comentarios na dirección de correo

ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
     


No hay comentarios:

Publicar un comentario