ACTIVIDADES MARTES 17 MARZO
Estimadas
familias, a proposta de actividades para o día de hoxe son as seguintes:
1º Rutinas:
Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana que é debuxaremos o tempo atmosférico. Logo recordamos o día da semana que é día
do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen
tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do
mes no que estamos (17 neste caso), procurade que os coloquen en fila e que
comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
2º Actividade impresa: O ladrón de letras (páxina 5
do documento actividades impresas que atoparedes na entrada de onte como documento
adxunto)
3º Xogo: Podemos elixir agora un dos xogos
propostos no documento “Batería de actividades” (adiviñas, pita cega, quen se
foi, xogo da oca, etc) porque rir e xogar, todo é empezar!
4º Retos para
súper heroes. Repetimos o reto de onte (debuxar un coronavirus na man e observar
como se vai cando lavamos as mans) e sumámoslle un novo reto:
Actividade #eu quedo na casa,#todoiraben. Seguindo
esta iniciativa que nace nas redes sociais propoñemos que os nen@s fagan un
debuxo do arco da vella, coa técnica e material que elixan, (rotuladores,
ceras, pintura papeis..) e escriban “ eu quedo na casa” e a mensaxe de ánimo
que todos elixan. Logo sacádeslle unha foto e enviádesnola ao correo (ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu).As fotos
vanse subir á páxina do colexio de maneira que, entre todos a enchamos de
mensaxes positivas. Animádesvos?
Coma sempre non vos esquezades de deixarlles un tempo para papar unha merendiña saudable e para xogar de xeito un pouco mais libre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario