Good morning!
How are you today?
Para esta semana vouvos
deixar unha tarefa moi sinxela para rematar de repasar os numbers.
Ademáis, se queredes escoitar o conto do xogo interactivo que vos puxen a
semana pasada, aquí tedes o enlace:
A TEACHER LENDO AT THE SEASIDE
E para a tarefa necesitaremos un papel, lápiz, cores e....as vosas mans!
Temos que pegar a nosa man ó papel e repasar a silueta. Se queredes
pintar A BIG HAND (unha man máis grande) podedes pedirlle a mamá ou a
papá que poñan a súa man no folio. Cando teñades a silueta, escribiremos
a nosa idade poñendo o número na man e escribindo o nome do número na
parte inferior do papel.
EXEMPLO: Se tedes 3 anos, poñemos o
number 3 na man, e abaixo escribimos THREE ben grande. Para rematar,
contamos 3 FINGERS (3 dedos da man) que serán os que pintaremos de
cores, como vemos no debuxo.
- Lembrade que os números até o cinco son ONE - TWO - THREE- FOUR- FIVE
* Se vos apetece probar unha opción menos sinxela podedes facer esta versión da tarefa:
Engadimos aquí un pouco de dificultade xa que os nenos/as terían que
escribir o nome de todos os números que van antes de 3, do 4 ou do 5,
dependendo da súa idade.
I wish you a happy week!
Bye bye
No hay comentarios:
Publicar un comentario