ACTIVIDADES PARA O LUNS 25
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. CONTO: O colorido
mundo de...
Esta vez temos
unha sorpresiña para os pequen@s, hoxe os protagonistas do conto van ser
eles, pero para a realización desta actividade precisamos da axuda dos
nosos axudantes (as familias). Deberedes entrar no seguinte enlace e
seguir os pasos https://hurraheroes.com/libro-colorear-todas-estaciones
unha vez rematado o proceso chegaravos o conto ao correo, so quedaría
imprimir e sorprender aos cativos!
NOTA: Unha vez creado o conto e feita a petición do envío do mesmo, se non atopades o arquivo entre os correos de entrada, revisade as mensaxes spam.
3.TANTOS COMO Seguimos co método ABN, desta vez centrámonos na equivalencias entre conxuntos, e dicir, conxuntos co mesmo número de elementos, e dicir “tantos como”.
Hoxe tamén vos
deixo outra actividade a
actividade en papel, premede na imaxe
...
ACTIVIDADE 23 unha vez feito o xogo xa podemos parar ao papel (atoparedes a actividade no
dossier desta semana, esta é a actividade obrigatoria de hoxe.
ACTIVIDADES PARA O MARTES 26
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. A BOLSA MISTERIOSA
Necesitamos
Unha bolsa e
obxectos con diferentes formas (círcular, triangular, cadrada e rectangular),
vale calquera tipo de bolsa.
Como xogar
Metemos na bolsa
os diferentes obxectos sen que o neno nos vexa. Logo disto o nen@ (cos ollos
pechados) mete a man na bolsa e remove, a continuación colle un obxecto e sen
sacalo intenta adiviñar o que é e a forma que ten. Por último saca o obxecto da
bolsa e comproba si a súa hipótese era correcta. Para rematar debe buscar un
obxecto pola casa que teña as mesmas formas.
ACTIVIDADE IMPRESA
BOLSA MISTERIOSA despois de facer a actividade de xeito manipulativo pasamos a facela en
papel (atoparédela no dossier desta semana con este mesmo
nome)
Esta actividade
será a obrigatoria deste día
Tamén vos deixo
un pequeno xogo de formas pincha na imaxe para aceder.
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 27
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2.EXPERIMENTO Hoxe
vamos facer unha Lámpada de lava!
Materiais:
- Un tarro ou un vaso alto.
- Auga.
- Aceite.
- Sal.
- Colorante.
- Unha culler.
Procedemento:
- Enche o tarro con tres cuartas partes de auga.
- Engade unhas gotas de colorante e remove para que se mesture máis rapidamente coa auga. O efecto “lava” se apreciará mellor si pos pouco colorante.
- Engade aproximadamente un dedo e medio de aceite.
- Se queres facer os tres pasos anteriores en distinta orde non haberá ningún problema.
- Espera a que o aceite se sitúe sobre a auga e a lámpada de lava xa estará lista.
- Para que funcione engade unha culleradiña de sal.
Para seguir desfrutando da túa lámpada sigue engadindo sal.
Non quererán que o efecto se acabe, así que, convén ter bastante sal a man😉
Deixamos tamén un vídeo no que se ve o proceso.
3 ACTIVIDADE 24 hoxe teredes que debuxar ao compañeiro ou
compañeira que máis vos gustou ver nas videoconferencias. Teredes que debuxalos
e poñer os nomes. (descargar do dossier de actividades, nos documentos adxuntos).
Estas será a actividade obrigatoria desta semana.
Hoxe
no cole, celebraríamos os aniversarios do mes de Maio, como xa fixemos
anteriormente non queremos deixar de felicitar a unha personiña que
cumple neste mes, asique, Parabéns Nico! Mirade na páxina do cole e
atoparedes a sorpresiña!
ACTIVIDADES PARA O XOVES 28
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. XICES LÍQUIDAS (TIZAS LÍQUIDAS)
Materiais
- almidón de millo (Maicena)
- auga
- témperas, colorantes alimenticios ou acuarelas/témpera líquidas
Como facer
O procedemento é moi sinxelo.
Preparamos tantos recipientes (por exemplo, vasos dun so uso...) cantas cores
queremos facer, enchémolos ata aproximadamente a metade con almidón de millo. engadimos
colorante elixido (as témperas non manchan pero as colores resultan máis
claros, cos colorantes alimenticios e as acuarelas os colores son más intensos
pero manchan a roupa e tinguen un pouco as mans) e vamos botando auga pouco a
pouco, removendo cunha culler, ata que tome unha consistencia parecida a masa de tortiñas
americanas, líquida pero algo densa, como un batido de plátano.
Podemos
pintar con esponxas, pinceis, dosificadores, etc. Como sucede coa xiz normal,
mentres está mollada as cores vense pouc, pero ao secarse vólvense máis claros
e brillantes. O almidón tende a depositarse no fondo, polo que é importante
remover antes de empregar a pintura.
Cando as xices estean listas podedes elaborar a nosa obra de arte e enviárnola, pode ser representada en papel en pedra, ou no soporte que vós queirades, votáde a imaxinación a voar!
3. ACTIVIDADE 25 Hoxe vamos cunha actividade de lectoescritura, concentrádevos eabride ben os ollos porque
comeza o xogo!
Busca palabras pola casa que teñan a seguinte cantidade
de letras, podes buscar en produtos de alimentación, electrodomésticos, roupa,
xoguetes, etc, cando os atopedes anotádeos na ficha (podedes descargala no
dossier de actividades)
FEIRACO LEGO BALAY ZARA
ACTIVIDADES PARA O VENRES 29
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. XOGO DE ATENCIÓN
CON MOVEMENTO
Hoxe vamos
practicar un xogo de atención mesturado con movemento, da man de Berena Fontenla.
Podedes adaptarlle o exercicio a capacidade do neno, e dicir, si vedes que non
son capaces de reproducir os 4 catro movementos podedes reducirllos a dous ou a
tres, ou comezar por dous e aumentando.
3 ACTIVIDADE 26 Hoxe toca seguir avanzando no conteo, cada vez un pouquiño máis difícil, hoxe vamos contar a partir dun número (atoparedes a actividade
no dossier desta semana) Esta será a
actividade obrigatoria de hoxe.
ARQUIVOS ADXUNTOS
DOSSIER ACTIVIDADES DO 25 AO 29 DE MAIO
E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e
tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por
suposto non vos esquezades de dedicarlle un tempiño á lectura compartida!
Moitos biquiños da profe!
Para calquera
dúbida non dubidedes en contactar connosco a través do correo da aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario