Comezamos
a recta final deste curso tan peculiar, estas son as actividades que propoñemos
para esta semana.
ACTIVIDADES PARA O LUNS 1
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos,etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Tamén vos deixamos un novo calendario de emocións,
para que sigades coloreando cada día e así ao final do mes teñamos unha idea de
como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos
durante este mes. Premede no enlace para descargalo
E comezamos novo mes volvemos a deixarvos a canción
dos meses do ano para darlle a benvida a xuño
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. CONTO
Levamos varios días pasando tempo
xuntiños en familia e dando conta da importancia da mesma, polo que hoxe
queremos facer unha pequena homenaxe a cada unha das vosas familias, todas
sodes diferentes pero todas importantes.
Actividade a partir do conto: Faremos unha
pequena representación da familia tal como podedes ver nas seguintes imaxes, para descargar a actividade premede no enlace
(imaxe cedida por coleccionandocuentos.blogspot.com)
3. ACTIVIDADE 27 NÚMEROS VECIÑOS
E como non hai
familia sen veciños hoxe seguimos practicando numeración a través do método ABN
desta vez seguimos avanzando no coñecemento da recta numérica a través dos veciños
dos números, e dicir o anterior e o posterior (podedes atopar a actividade no
dossier que como sempre vos deixo ao final da entrada)
Tamén vos deixo
unha actividade interactiva relacionada
AVISO📢 REVISADE AS ACTIVIDADE DO MÉRCORES PARA PODER TER UNHA
PREVISIÓN DOS MATERIAIS QUE NECESITAREDES.
ACTIVIDADES PARA O MARTES 2
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. BINGO DE NOMES
Hoxe trátase de
facer un bingo cos nomes da clase.
Preparación de
material
Para facer a
actividade o primeiro paso será imprimir o abecedario e a lista do nomes dende
os enlaces que vos deixo a continuación (premede para desgargar)
Tamén deberedes
ter ceras de colores a man.
Logo
debederedes recortar por un lado as letras e por outro as tarxetas dos nomes.
Unha vez preparado o material comezamos a xogar (premede no enlace)
Como xogar?
1º Cada xogador
(o ideal e xogar de 2 ou 3 xogadores)
escolle varios nomes (máximo 4)
2º Por turnos
vamos sabando unha letra, o xogador que a saque debe pronunciar o seu son de
xeito que lle anuncia aos demáis xogadores que letra saíu e logo colocala no
centro da “mesa” de xogo.
3º Todos os
xogadores deberán buscar nas súas tarxetas de nomes a letra que acaba de saír e
si a teñen deben coloreala.
O que complete
unha tarxeta deberá cantar NOME! E o que complete todas as tarxetas deberá
cantar BINGO!
Para non
fomentar a competitividade seguiremos xogando ata que todos os xogadores poidan
cantar bingo.
3. ACTIVIDADE 28 E para continuar cos veciños vamos a presentalos (atoparedes a ficha no dossier de actividades)
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 3
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. EXPERIMENTO “Chuvia de cor”
Materiais:
- Espuma de afeitar.
- Auga
- Colorantes alimenticios.
Preparación:
Nun recipiente transparente agregar auga e cubrir con espuma
de afeitar. A continuación engadir unhas gotas de colorantes alimenticios que
pouco a pouco irán penetrando a través da espuma e estendéndose pola auga para
crear unha choiva de cores.
Outra información: As cores pódense engadir todos a vez ou de un en un,
esperando a que o primeiro tinga a auga para agregar o seguinte.
24
3. ACTIVIDADE 29 hoxe vamos sumar!, para facer a actividade necesitaredes 2 dados (Atoparedes a actividade no dossier)
ACTIVIDADES PARA O XOVES 4
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. PINTA LA PINZA
Queremos unirnos
a unha iniciativa solidaria “Pinta la pinza”
Animámosvos a
que decoredes as vosas pinzas para colaborar con esta iniciativa solidaria.
Aqueles/as que vos animedes mandádenos ao e.mail de aula as fotos das vosas creacións
e nós encargarémonos de remitirllas aos organizadores desta iniciativa. Dedido
a protección de datos é preferible
Deixámosvos o
enlace ao instagram donde poderedes acceder a súa conta (premede na imaxe para acceder)
3. ACTIVIDADE 30 Nestes días de atrás tivemos moita calor, e cando ven a calor sempre non
apetece praia ou piscina, fai unha lista das cousas que tendes que meter na
bolsa cando ides e debuxadeas dentro da bolsa (podedes atopara actividade no dossier)
ACTIVIDADES PARA O VENRES 5
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. IMOS DE EXCURSIÓN
A estas alturas,
se o curso seguise de xeito habitual, estaríamos preparándonos para realizar
algunha saída. Como durnate oa anterires trimestre estivemos traballando sobre o mar queremos
propoñervos realizar unha saida virtual, asique preparade as vosa mochilas
porque hoxe viaxaremos ata o Aquarium Finisterrae da Coruña. Farémolo a través dun vídeo
que este museo nos ofrece dende a súa conta de youtube. Vamos aproveitar esta oportunidade
que para coñecer un pouquiño máis sobre os ...
POLBOS!Escoitade ben a guía, vai contar cousiñas ben interesantes!
Deixamos tamén
o enlace a varias actividades propostas dende a páxina de museos científicos
coruñeses, por se queredes botarlle unha ollada e realizar algunha das actividades
propostas (premede na imaxe)
3. ZUMBA!
E como non, hoxe venres, non pode faltar algo de
movemento, Hoxe presentámosvos unha clase de ZUMBA! para moverse e divertisre!
ARQUIVOS ADXUNTOS
E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e
tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por
suposto non vos esquezades de dedicarlle un tempiño á lectura compartida!
Moitos biquiños da profe!
Para calquera dubida escribídenos un e-mail ao correo de aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario