ACTIVIDADES PARA O LUNS 11
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. CONTO
Hoxe toca conto, par iso debedes queremos
deixarvos un novo recurso, unha canle de televisión dixital na que poderedes
atopar unha man chea de contos desta editorial premede na imaxe para entrar
Debedes escoller un conto que a vós vos guste (xa sabedes, pode ser dos que teñades
na casa ou dos recursos que vos ofrecemos) e facer unha das actividades da
batería de contos que non realizaras aínda. Esta actividade é obrigatoria.
Volvo a adxuntar a
batería de actividades dos contos así como a ficha para realizala por se fose
necesaria. Premede nos enlaces para descargar.
3. ACTIVIDADE subitización
Seguimos traballando co método ABN, neste caso o aspecto que traballamos é a subitización, ou o que é o mesmo, recoñecer unha cantidade cun simple golpe de vista, sen necesidade de contar. A subetización é unha fase previa a estimación e serve tamén para mellorar o cálculo mental. Previamente a realización do traballo en papel podedes presentarlle o seguinte xogo interactido, premede na imaxe
Unha vez rematado o xogo deberán realizar a actividade impresa que podedes descargar premendo no botón
Deben tirar un dado e pintar os botóns que teñan o mesmo número que lles toque
👉 AVISO REVISADE A ACTIVIDADE DO
EXPERIMENTO PROPOSTA PAR AO MÉRCORES, POIS ESE DÍA FAREMOS UN EXPERIMENTO E
IGUAL NECESITADES ADQUIRIR ALGÚN MATERIAL.
ACTIVIDADES PARA O MARTES 12
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2 ACTIVIDADE 15
XOGANDO A DESCOMPOÑER
Hoxe vamos unha actividade de lóxica. Trátase
de descompoñer os números(e dicir, dividir, neste caso en 2 partes) con axuda de
pinzas e perchas. Polo que ides necesitar de ambos materiais.
Primeiro os cativos/as deben contar o
número de letras do seu nome e escribilo na camiseta, logo colocarán tantas pinzas na percha como indique ese
número.
Unha vez colocalas deben separalas
en 2 grupos, de tantas maneiras como sexa posible, farano movendo as
pinzas de un lado a outro, desta maneira comezan a comprender que aínda que as separemos de diferentes formas, ao xuntalas sempre seguirá habendo a mesma cantidade de pinzas totais.
Cada vez que fagan unha descomposición deberán represantala no papel e así sucesivamente ata atopar
todas as posibilidades tal como se aprecia na foto.
A esta actividade xa temos xogado varias
veces na aula aínda que normalmente facémolo cos dedos das mans.
Esta actividade é a obrigatoria do día de
hoxe (podedes atopala no dossier de actividades impresas, ao final da entrada)
3 ACTIVIDADE 16 Hoxe ides ter que usar
tesoira e pegamento para recompoñer unha palabra,
(esta actividade atópase no arquivo de actividades
desta semana, ao final da entrada)
ACTIVIDADES PARA O MERCORES 13
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos,
etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os
coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que
contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos
queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2 EXPERIMENTO
ARCO DA VELLA nun vaso
Esta semana seguimos cos experimentos.
Desta vez vamos intentar recrear un arco da vella nun vaso ou bote de cristal
Necesitamos:
-
Mel
-
Xabón a ser posible sen cor
ou de cor azul
-
Auga
-
Aceite
-
Alcohol
-
Colorante alimentario ou
témpera
-
Xiringa de plástico ou pipeta
(se o vedes necesario)
Procedemento:
Paso 1: Mesturamos mel cunhas gotas de
colorante vermello e azul (para crear a cor púrpura) e reservamos.
Paso 2: Mesturamos xabón azul ou con
colorante azul.
Paso 3: Mesturamos auga con colorante verde
(ou amarelo+ azul)
Paso 4: Mesturamos alcohol con colorante
vermello.
Paso 5; Vertemos a mestura con mel (cor
violeta) no bote ou vaso, logo incorporamos a mestura con xabón (cor azul), a
continuación a mestura de auga (cor verde), logo incorporamos a mestura de
aceite (cor vermello) e por último incorporamos o alcohol con colorante vermello.
Paso 6: Si queremos ver mellor as cores
poñemos o bote ou vaso ante unha fonte de luz, si o poñemos nunha ventana onde
incida a luz solar incluso nos poden reflexar as cores.
IMPORTANTE
unha vez feito debedes ter coidado de non movelo demasiado, pois o líquido
mesturaríase e perderíamos o seu efecto visual.
Deixamos un vídeo no que se realiza un experimento similar
Deixamos un vídeo no que se realiza un experimento similar
Na seguinte foto podedes ver como nos
quedou a nós
ACTIVIDADE
ARCO DA VELLA
Unha vez
feito o experimento vamos representalo en papel pinchade no enlace para acceder
e imprimir o documento.
Esta
será a actividade obrigatoria de hoxe
3 ACTIVIDADE 17 Serás quen de continuar?
presta moita atención e acertarás. (debedes descargar a ficha do documento
adxunto de actividades, hoxe podemos deixar aos cativos que sexan eles mesm@s
quen atopen a actividade, o truco está en que busquen o número 17, fácil no?)
ACTIVIDADES PARA O XOVES 14
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2 “GALERÍA EN
CUARENTENA”
O museo Getti iniciou esta divertida
proposta que lanzou ao mundo a imitar obras de artistas tan famosos Munch, klim, Warhol e ata Banksy. A intención é que vos tamén representedes as
vosas obras artísticas, podedes elixir entre outros artistas famosos de artistas
que poden Van Gogh, Magritte, Da Vinci, Matisse, entre outros moitos ou buscar
entre as obras de outros artistas máis achegados a nós como pode ser Seoane,
Maruja Mayo, Laxeiro, Alfonso Costa etc, Como vedes tedes múltiples
posibilidades
Deixámosvos varios exemplos de obras
representadas por persoas que se sumaron a este reto. Velaí van!
Tamén vos deixamos algúns enlaces a
outros museos que podedes visitar, premede nos enlaces para acceder
Museo Thyssen
Museos de Galicia
Esperamos con ansia as vosas creacións!
3 ACTIVIDADE 18 Prestade atención
e acertaredes (atoparedes a actividade no arquivo desta semana, ao final da
entrada) Hoxe esta actividade é a obrigatoria.
ACTIVIDADES PARA O VENRES 15
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
Esta é unha actividade adaptada do xogo da habana
chegou un barco cargado de…." Na versión oral elíxese unha letra
inicial e os xogadores pensan un obxecto que podería cargarse ao barco que
comece por unha inicial. Nesta ocasión despois de dicilas terán que escribilas ou debuxalas. Primeiro deberemos
facelo de forma oral, para que non perdan o fío ao escribilas podédeslle axudar
escribindo vós noutra folla, logo teriades que lerllas para que poidan
escribilas, dependendo do ánimo co que se atope cada neno/a poden escribilas
eles, ou copialas.
(Podedes descargar a actividade no arquivo de actividades
desta semana ao final da entrada)
3.VENRES DE
CONCERTO, “Ce e a orquestra pantasma” presenta: “Para xogar cantar e bailar”
Hoxe invitámosvos a un concerto da man de “Ce e a orquestra pantasma” Esta actuación foi preparada para levar a cabo durante o Salón do Libro de Pontevedra pero, dadas as circunstancias que nos acaen tívose que anular, polo que este artista, decidiu ofrecer esta actuación dende a súa casa, de xeito que puidese chegar a todos os cativ@s. O espectáculo faranos bailar, gozar e divertirnos tanto aos nen@s como aos maiores.
Animádevos, merece a pena!
Hoxe douvos liberdade para elixir a obrigatoria
ARQUIVOS ADXUNTOS
E coma sempre
recordade seguide desfrutando dos paseos ao aire libre, lendo e sobretodo xogando
pois...
Apertas e moitos biquiños !
Como sabedes para consultar calquera dúbida, atendereivos encantada a través do noso correo de aula
No hay comentarios:
Publicar un comentario