ACTIVIDADES PARA O MARTES 5
Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Tamén vos deixamos un novo
calendario de emocións, para que sigades coloreando cada día e así ao final do
mes teñamos unha idea de como foron mudando as nosas emocións
ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes. Premede no enlace para descargalo
E xa que cambiamos de mes unha
canción dos meses do ano!
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. “ FACEMOS A LISTA DA COMPRA”
O venres queremos facer unha receita saudable, pero
para iso necesitamos que fagades unha lista da compra dos alimentos e outros
productos que vamos a necesitar, a receita vai consistir en facer unha brocheta
ou composición de froitas.
Na actividade que adxuntamos co nome de lista da
compra debedes escribir e /ou debuxar os alimentos e outros productos que
necesitamos, así como a cantidade necesaria.
Premede no enlace para descargala
Esta será a actividade obrigatoria de hoxe.
AXUDA PARA AS
FAMILIAS:
Sabemos que
non é doado coñecer como axudarlle a escribir a os cativos tal e como facemos
nos na aula , por esta razón pensamos que para que entendades mellor o que
queremos dicir cando pedimos que escriban de forma espontánea ( e dicir sen
axuda) ou segundo o seu nivel vamos a deixarvos un video explicativo elaborado
por Teresa Neira, unha mestra de infantil especializada en este eido. No cal
fala das diferentes etapas de polas cales van pasando os nenos/as, pois cando a
nós nos pode parecer que están a cometer erros, estes non son tales, senón
fases polas cales todos os nenos/as deben pasar, uns un pouco antes e outros un
pouco despois, dependendo do seu nivel madurativo. Pode ser un pouco longo pero
cremos que sería interesante que o virades, de todas formas non é algo
obrigatorio. Tamén deixamos o enlace a un documento. Esperamos que vos sirvan
de axuda, de todas formas poderedes preguntar sobre calquera dúbida ao respecto.
.
Podedes
velo de forma gráfica tamén na documento adxunto fases da lectoescritura (Premede na imaxe)
4.ACTIVIDADE 12 FACEMOS DECENAS?
Como sabedes na aula traballamos o cálculo por
medio do método
Neste nivel o obxectivo é que recoñezan o concepto
de decena, é dicir que un conxunto de 10 elementos se denomina de esta forma. Normalmente
no colexio facémola con palillos, cando contan dez palillos deben atalos cunha
goma agrupando así esas dez unidades (palillos) nun conxunto chamado decena
(palillos atados).
Esta actividade terá dúas partes
1º Parte: Por un lado deixámosvos o enlace a un xogo que
persigue este mesmo obxectivo (facer unha decena), premede na imaxe para
acceder.
(cando accededes a páxina ides ter que pulsar no anaco de imaxe que se ve arríba, tarda un pouco en cargar e parece que non funciona, pero si esperades un anaquiño debería funcionar)
(cando accededes a páxina ides ter que pulsar no anaco de imaxe que se ve arríba, tarda un pouco en cargar e parece que non funciona, pero si esperades un anaquiño debería funcionar)
2º Parte:Por outra banda trátase de que os nenos/as busquen
unha ou varias decenas de obxectos iguais e logo representar esa mesma decena en
papel, deixade que el@s o fagan como queiran, xa que algúns debuxarán os 10
elementos outros poden representala mediante números, todo vai depender da
visión que teñan e todas as formas son aceptadas como válidas, atoparedes a
actividade impresa no documento
actividades impresas que deixamos ao final da entrada.
AVISO: RECORDADE REVISAR
AS ACTIVIDADES DO VENRES PARA PODER TER UNHA PREVISIÓN DAS FROITAS E MATERIAIS QUE
IDES NECESITAR PARA A CATIVIDADE DESE DÍA.
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 6
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2.CONTO
E continuamos coa nosa particular
biblioteca interactiva, pouco a pouco vai enchendo o noso blogue e a páxina web
do cole con historias que nos fan coñecer personaxes marabillosos e unha man
chea de aventuras sen saír da casa. Esa é a maxia dos contos! Premede na imaxe
deste libro e veredes unha nova sorpresiña, premede no enlace e veredes...
Despois de ver a sorpresiña
deixámosvos un pequeno traballo. Que vos parece se facemos, igual que o Monstro
Rosa un pequeno traballo? Pois vamos facer un barquiño de papel igual que
fixemos na aula. Para facelo necesitaredes unha folla de periódico, un pouquiño
de maña e outro pouquiño de axuda das vosas familias.
Deixamos un pequeno vídeo onde
podedes ver os pasos :
Actividade sobre o conto: Vamos
xogar
Ademais de facer un barquiño de papel
queremos deixarmos unha actividade para que poidades xogar. Para elo
necesitaredes descargar o documento do xogo. Premede na imaxes para poder descargalo.
A actividade consiste no seguinte:
1º Temos ao noso monstro, ao cal, se
queremos, o podemos pintar de cor rosa, igual que o do conto.
4º Unha vez que temos todos estes elementos
pasamos a xogar.
Tiramos os dados e contamos, pero ollo ao piollo! Debedes comezar polo dado da grafía e seguir contando os puntiños que saian no outro dado. Si poñemos como exemplo os dados da imaxe vemos que no dado con grafía nos sae un 5 e no de puntos nos saen 3 puntos ( ●●●) pois teremos que empezar a contar en 5 e seguir contando ata que se acaben os puntiños, neste caso sería 5 6 7 8 , o resultado é 8 polo que teríamos que poñer 8 ollos no monstro.
Tiramos os dados e contamos, pero ollo ao piollo! Debedes comezar polo dado da grafía e seguir contando os puntiños que saian no outro dado. Si poñemos como exemplo os dados da imaxe vemos que no dado con grafía nos sae un 5 e no de puntos nos saen 3 puntos ( ●●●) pois teremos que empezar a contar en 5 e seguir contando ata que se acaben os puntiños, neste caso sería 5 6 7 8 , o resultado é 8 polo que teríamos que poñer 8 ollos no monstro.
Se queredes podedes facer un rexistro na
táboa que adxuntamos, e veremos en que tirada nos tocou poñerlle máis ollos ao
noso monstro.
3. FLORES MÁXICAS
E da maxia dos contos pasamos a
maxia da ciencia. A anterior semana fixemos xermolar unha semente, e despois da
semente veñen as flores a natureza segue o seu curso e unha vez que saíu a
flor, conseguiremos que se abra?
Para realizar esta actividades
necesitaremos:
- - Un recipiente con auga (bol palangana, bndexa fonda, etc)
- - Papel
- - Lapis de cores, ceras ou rotuladores
- - Tesoiras
- - Moita imaxinación e
- - Un pouquiño de paciencia
Proceso
1º Debuxamos flores diferentes, usando a imaxinación e decorámolas como máis nos guste.
2º Recortamos a flor
Ollo: se o que utilizastes para
decorar foron rotuladores antes de continuar co segundo paso debedes deixar que
a tinta se seque completamente.
3º Dobramos os pétalos cara o
centro de un en un e con moito coidado de non rompela.
4º Colocamos coidadosamente as
flores pregadas no recipiente con auga.
E “voilá”! os pétalos irán
abríndose pouquiño a pouco así que neste paso debemos utilizar o derradeiro
material , Un pouquiño de paciencia!
Podedes repetir tantas veces como
o desexedes cambiando a forma da flor, a orde na que se dobran os pétalos,
diferentes tipos de papeis e incluso
probando con outros deseños.
1. Rutinas: Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con
retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto
dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0
Non esquezades seguir coloreando a flor das emocións, ao final do
mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a
emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando
decidades.
2. Reto psicomotor
Hoxe propoñémosvos un reto, primeiro deberedes ver o vídeo para ver de que
se trata.
Unha vez que o vimos intentamos recrear os exercicios, esperamos que vos
guste e que movades moito o esqueleto!
Esta será a actividade será obrigatoria de hoxe
Premede na imaxe para ver o vídeo
3. ACTIVIDADE 13 xa hai tempo que non nos vemos en persoa, e seguro que xa medrachedes moito! hoxe propóñovos que vos miredes ben ao espello e que fagades o voso retrato (un retrato é o debuxo da cara), xa sabedes, o debuxo non pode ser moi pequeno porque así non apreciaríamos os detalles con todos os detalles, facedeo ben porque logo vamos volver a utilizalos, pois os vosos compañeiros vanter que adiviñar quen sodes...
Familias: para poder elaborar un pequeno xogo relacionado con esta actividade necesitaría que me enviásedes unha foto actual do rostro dos nenos/as. Grazas de antemán!
ACTIVIDADES PARA O VENRES 8
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade
que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o
primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada
vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que
nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. “RECEITA DE
FROITAS”
E chegou o día de facer a nosa receita saudable.
Lembrades que o martes vos pedimos facer unha lista da compra?
Pois ben, chegou
a hora de baleirar o froiteiro. Os pasos a seguir son os seguintes:
- Lavamos ben as mans e poñémolo mandil.
- Eliximos varios tipos de froitas, as que vaiamos a empregar. Antes de comezar coa receita deberemos clasificar as froitas segundo un atributo (tamaños, cores, texturas, formas,...), elixide o que máis vos guste.
- Unha vez que rematamos o paso anterior, lavamos moi ben as froitas que acabamos de tocar e que imos a empregar.
- Coa axuda dun adulto, no caso de que sexa necesario, pelamos e cortamos as pezas de froitas en anacos.
- Pinchamos as froitas no pincho, ou compoñemos con elas nun prato, dependendo da modalidade que elixades.
- Facemos unha fotografía
Esta será a actividade obrigatoria de hoxe
Actividades 14 e 15 Unha vez que teñamos o pincho feito, ou a
composición, toca poñerlle un nome e acompañalo dun debuxo ou fotografía que a
represente. Despois teredes que debuxar as froitas e contar cantos anacos hai
de cada unha.
(Atoparedes as fichas para facelo no arquivo adxunto das actividades semanais
)
Que aproveite!!
ARQUIVOS ADXUNTOS
E coma sempre
recordade seguide desfrutando dos paseos ao aire libre, lendo e sobretodo xogando
pois...
No hay comentarios:
Publicar un comentario