domingo, 31 de mayo de 2020

Relixión-semana 1-5 de xuño

MENSAXE DE DESPEDIDA ÁS FAMILIAS

Queridas familias e queridos alumn@s, estamos chegando ás portas do final de curso e dado o grande esforzo que fixestes colaborando en todo: as familias coas tarefas dos rapaces, os rapaces
co seu traballo,... nestas circunstancias tan difíciles e complicadas para todos , hai que dar valor a todo isto.
Houbo que compaxinar o traballo dos adultos co dos nen@s, as angustias, as dores pola enfermidade que tocou nalgúns dos nosos fogares, e tantos inconvenientes que viñan presentándose debido ápandemia..Tamén tivestes a cara bonita de poder pasar máis tempo cos vosos fillos e disfrutar máis deles, pois así o sentiron os nen@s.
Por todo iso e por máis merecedes , non só un aplauso, senón un gran recoñecemento pola parte que me toca dende a miña humilde materia de relixión.
Aquí lles deixo aos vosos fillos un pequeniño diploma para que eles mesmos decoren e pinten ao seu gusto e escriban con letras bonitas o seu nome (o que queira que o encadre ou pegue nunha cartulina ,é totalmente voluntario).
Desexo que todo saia ben, que teñades un bo verán e que a ninguén lle falte de nada porque temos tempos difíciles para pasar, pero hai que seguir sendo fortes e continuar loitando polo futuro dos vosos fillos.
Unha aperta moi, moi grande para todos vós que tan ben correspondestes. E outra máis que grande para todos os meus alumn@s, dende os máis pequeniños que empezan ata os maiores ,e aos de 6o que se nos van e que non puidemos despedirnos como nós quixeramos, pero que seguirán no noso corazón e sempre formarán parte desta gran familia de Abanqueiro.

A profe Myriam

No hay comentarios:

Publicar un comentario