ACTIVIDADES PARA O LUNS 18
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. XOGO LETRAS GALEGAS
Como onte se celebrou o día das letras
galegas e xa coñecemos ao homenaxeado deste ano, agora propoñémosvos un Scape
room (e dicir un xogo de pistas) relacionado con este escritor.
Clicade na IMAXE e a pasalo ben!
3. ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS Buscamos palabras galegas! Eu xa teño a miña...
Podedes descargar a actividade no dossier que vos deixo ao final da entrada (esta
será a actividade obrigatoria de hoxe)
4. IN ENGLISH
Hoxe tamén vos deixamos
por aquí unha actividade que nos propón a teacher Shadia, mirade e veredes:
How are you? I hope everything is ok!Que tal foi o repaso dos numbers? Seguro que xa os sabedes moi ben!
Esta semana comezamos o repaso do ABC, é dicir, das letters and sounds in the English alphabet! Para iso, vou poñer por aquí os links duns vídeos que ensinan the alphabet con moito ritmo!
Aquí temos a Peppa Pig practicando o ABC --> Learn the Alphabet with Peppa Pig
E aquí un par de cancións moi chulas:
- Phonics song for kids
- ABC chant
As cancións axudan a que os nenos/as se familiaricen un pouco cos sons das letras en English, aínda que nós de momento enfocarémonos en traballar coas primeiras letras.
E aquí tedes un enlace para aprender xogando cun Memory de letters and sounds, que nos da a opción de memory (tedes que xuntar a letra coa palabra que comeza por ela, por exemplo B: Butterfly) ou de Show me (para practicar primeiro un pouco). Podedes escoller primeiro "letter" e logo "sounds" para xogar ás dúas opcións de xogo:
MONSTER MATCH ABC SOUNDS
Enjoy it!
AVISO📢 REVISADE AS ACTIVIDADES DA SEMANA PARA PODER TER UNHA PREVISIÓN DOS MATERIAIS QUE NECESITAREDES.
ACTIVIDADES PARA O MARTES 12
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. BATALLA
DE LETRAS. Hoxe vamos facer unha pequeno xogo coas
letras, o proceso será o seguinte:
1. Escribimos letras en papeis (poden escribilos eles ou darllos nos escritos
e que os repasen). Unha letra en cada papel
2 Facemos bolas cos
papeis das letras.
3. Facemos un área de
xogo no chan e dividimos en dous campos.
4. Colócase cada xogador
no seu campo
5. Comeza o xogo: Debemos
tirar as boliñas ao outro campo (damos un tempo limitado, podemos poñer un
cronómetro ou que alguén diga stop!) Trátase de conseguir que nos queden o
menor número de bolas posibles no noso campo.
6 Vemos as letras que
quedaron no noso campo.
7 Buscamos obxectos pola
casa ou simplemente pensamos en cousas ou persoas que comecen por estas letras
8 Debuxamos e escribimos
as palabras nas que pensaron (deben escribilas sen axuda respectando a etapa na
que se atopen)
Esta será a actividade obrigatoria
3.ACTIVIDADE
20 Temos no labirinto un xabarín perdido podedes
axudarlle a chegar ao seu fogar? (atoparedes a actividade no dossier)
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 20
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. EXPERIMENTO CORRIENTES DE AZÚCAR
Materiais:
- Chocolates de cores ( Lacasitos, M&M etc,
experimento pode realizar con calquera tipo de chocolate con cobertura de cor)
- Auga quente
Preparación:
1º Nun pequeno plato, tapa ou tapón colocamos una serie
de chocolates de diversas cores, intercalando uns tons e 1outros.
2º Agregamos un pouco de auga quente para crear una fina
capa de líquido.
As cores iranse fundido e mesturándose entre si
Outra información:
As cores vanse desprazando porque o azucre fai que suba a
densidade do líquido, xerando unha pequena corrente entre as zonas de maior e
menor densidade. Esta densidade é tamén a que provoca que as cores non se
mesturen entre si (a non ser que os axitemos), xerando
barreiras.
Pode facerse a proba con só un chocolate, dous, tres, 4
ou máis, formando un círculo cromático. Tamén podedes probar con diferentes
formas, nas fotos podedes ver varios exemplos.
Deixamos un vídeo para que poidades ver o proceso:
Esta actividade será a obrigatoria de
hoxe
3.ACTIVIDADES CORRENTES DE CORES preme no GIF para ver de que se
trata...
ACTIVIDADES PARA O XOVES 21
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos,
etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os
coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que
contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos
queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. CAIXA DE CANCIÓNS ... PARA XOGAR E APRENDER
Son moitos os beneficios que as cancións poden ter nos
vosos fillos/-as cunha sinxela pero moi entretida actividade para xogar. Cantando
con eles e aprender moito máis que música
É a «caixa
de cancións»: unha caixa contedora
de caixiñas, con cancións coñecidas polos nen@s, que iremos sacando e cantando,
de unha en unha. Ademais de cantar, exploran outros terreos moi importantes
como normas de xogo,
autocontrol, motricidade fina, estimulación sensorial, relación
abstracta de obxecto-canción, linguaxe, etc. É unha actividade moi completa!
Como facer unha caixa de cancións?
Pois o que necesitarás son cousas que seguro atopas pola
casa:
1 Caixa grande con tapa. Será a caixa onde gardaremos todas as caixiñas pequenas
coas cancións.
2 Caixiñas pequenas. Necesitarás tantas caixiñas como cancións queiras cantar. Podedes empezar
con 5 e logo ir ampliando buscando. Se é posible, variedade tanto na forma, no
material e na maneira de abrilas. Así conseguiremos estimulalos psicomotriz e
sensorialmente. Se non dispoñedes de caixiñas podedes esta é unha posibilidade (utilizar
tubos de papel hixiénico, dobramos os dous lados dos extremos e listo!, incluso
podedes decoralos si o desexades para que quede máis vistoso)
3 Obxectos pequenos ou tarxetas. Tantos como caixiñas pequenas e de medidas que poidan
meterse nelas. Estes obxectos serán os que nos evoquen a canción a cantar polo
que deberías de pensar primeiro cales son as cancións máis cantadas na casa ou
polos vosos fillos/-as, cancións infantís, panxoliñas... Etc. Logo buscade
obxectos pequenos que as simbolicen, procurando variedade de materiais e
texturas (por exemplo un botón para a canción “Debaixo dun botón”.
Outra opción é utilizar papeis con
palabras ou debuxos coas que as poidan relacionar.
Para crear a caixa só tes que ir introducindo cada
obxecto nunha caixiña e logo, todas na caixa grande e xa tedes a «caixa de cancións» lista para utilizar.
Os nen@s poden colaborar con vós ou podédelos sorprender.
Elixide cancións que lles gusten, poden ser: panxoliñas, de
rock, pop ou o estilo que sexa!!.
Como se xoga coa caixa de cancións cos nenos?
1º buscade un espazo onde reunirvos todos os que vaiades
a xogar.
2º poñémonos diante da caixa e por turnos, collemos unha
caixiña e abrímola para descubrir que contén… sacamos o obxecto, que
Colocamos sobre a caixa, para velo. Agora pensamos que
canción nos
3º recorda e cantámola.
4º gardamos o obxecto na caixiña extraída deixámolo a un
lado.
Continúa o xogo ata que cantemos todas as cancións.
Procurade cambiar de vez en cando os obxectos de caixiñas así sorprenderanse cada
vez que xoguen.
É un recurso xenial, divertido e moi útil para cando
queirades tranquilizar os ánimos.
Anímovos a poñelo en práctica, e xa me contaredes que vos
pareceu o xogo, que cancións escolledes...
3. ACTIVIDADE PREVIA de
lóxica
Seguimos con oso día
musical, hoxe volvo a deixarvos unha actividade de lóxica previa á tarefa en
papel (actividade 21), clicade na imaxe e música maestr@!
4. ACTIVIDADE 21 Lóxica! Esta semana
os números andan algo despistados podedes axudarnos a descubrir os erros?
(buscade a actividade no dossier desta semana)
ACTIVIDADES PARA O VENRES 22
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando a flor das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2.TEA DE ARAÑA hoxe propoñemos unha actividade de movemento que estamos seguras de que aos cativ@s lle vai encantar, vamos crear teas de
araña!
Podedes facelo con cinta de carroceiro (ou algunha outra que non se estropee a parede) pegando os extremos da cinta a
cada lado do pasillo ou simplemente cruzando lá entre dous obxectos. Deixamos sous vídeos para que poidades ver como se xoga. A divertirse!
3.ACTIVIDADE 22 Animaliños
E rematamos a semana recordando ao
homenaxeado deste ano no día das Letras Galegas. A Ricardo Carvalho Calero
gustábanlle moito os animais, e a vós?
Debedes debuxar os animais que teñades na
casa, se non tedes ningún podedes debuxar os vosos animais preferidos ou os que
atopedes nos vosos paseos! Non vos esquezades de poñerlle o nome.
Esta será a actividade obrigatoria
do día
ARQUIVOS
ADXUNTOS
E como sempre dicimos, non deixedes de dedicarlles tempo para xogo e a lectura, as mellores vías de aprendizaxe para os nen@s!
Unha aperta da profe!
Para calquera
dúbida non dubidedes en contactar connosco a través do correo da aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario