Como todos sabemos o próximo domingo 17 celebramos o día das letras
galegas, Ricardo Carvalho Calero o autor homenaxeado este ano , por iso hoxe non queríamos pasar sen achegarvos un anaquiño da súa obra As pitas baixo a choiva, un relato breve que narra un feito anecdótico
da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as
pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas
asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como
pitos. Publicado na revista Lar en 1952, esta é a primeira
desta obra de Carvalho Calero presentada formato de libro, foi editada pola editorial Embora. Esperamos que vos guste!
Tamén vos deixamos un pequeno conto que, debido á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais
circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegasa a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis
pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras
Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Premede na imaxe para descargar.
A través dela os nenos/as coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais
E para rematar unha canción de Pablo Díaz, a mover o esquelete! porque todos estaremos de acordo en que queremos a nosa lingua, queremos...

No hay comentarios:
Publicar un comentario