martes, 14 de abril de 2020

Hello Spring!

Hello!
Para esta semana temos unha tarefa de English moi divertida, que nos serve para aprender novo vocabulario e para repasar algunhas cousiñas que xa sabemos, como as cores ou os números.
Non tedes que imprimir nada, só ver o seguinte vídeo que vos fixen onde explico a tarefa:
HELLO SPRING
Déixovos tamén unha foto dos debuxos para que teñades de apoio.
Antes de facer a tarefa, podedes repasar as cancións de Hello ou Good Morning, e cando rematedes, podedes ver este episodio de Caillou no que falan das estacións do ano e da primavera.
Cando teñades a tarefa rematada, facede unha foto e a enviades ao meu correo shadia.correo.mestra@gmail.com
Para a clase de 3 anos non é necesario escribir o vocabulario, pero se queredes os papás e as mamás podedes escribirlles as palabras e xa debaixo eles/as fan o debuxo. Calquera dúbida xa sabedes onde estou!
See you!
AdxuntoTamaño
tarefaspring.jpg2.82 MB

No hay comentarios:

Publicar un comentario