MENSAXE Á FAMILIA
Ola
familia, estamos aquí de novo para continuar coa nosa labor educativa
cos vosos fillos. Despedímonos da profe Dulce que tan ben o fixo, pero
toca cambio. Moitos de vós xa me coñecedes, e para os novos os meus
saúdos máis cordiais.
Estamos
a pasar unas circunstancias moi estrañas e difíciles para todos, pero
pídovos que teñades moita paciencia cos vosos peques e os sigades
axudando tan ben como o estades a facer.
Como
profe de reli anímovos a facer nalgún momentiño algunha pequeniña
oración cos fillos, e a non perder nunca a esperanza que é a que nos
mantén fortes i en pé; por moi dura que sexa a situación xeral i en
particular de cada un de vós, hai que continuar.
Moito
ánimo e a seguir coidando a esas personiñas, que mañán serán homes e
mulleres de ben para a nosa sociedade que tanto os necesita.
Un abrazo cariñoso para vós
e sobre todo para meus nenos do cole.
Profe Myriam
MENSAXE PARA OS NENOS/AS
Ola rapaces, como estades? Boteivos moito de menos e dame moita pena non poder darvos un abrazo coa volta ao cole.
Son días e semanas longas, pero non duran sempre, así que moito ánimo,
tende moita paciencia e sobre todo cos vosos pais e nais; Coidade moito e
con cariño dos vosos avós , avóas e irmáns se os tendes.
Dádevos moitos bicos e abrazos, e se alguna vez tendes ganas de chorar
pois facédeo, as bágoas limpan e calman a alma; iso si, non vos
olvidedes nunca nunca de sorrir porque alegra o corazón voso e dos que
están con vós. Pedide perdón e perdoade xa que iso faivos sentir mellor (
sei que é difícil, pero que ben nos sentimos despois! ).
Axudade moito na casa e traballade nas vosas tarefas do cole para saber
máis cada día. E, coma sempre, xogade e xogade coa familia: cantade,
bailade, ...todo o que sexa bo para non perder a esperanza.
Recordade, sairemos máis fortes e unidos do que estabamos porque Deus
nunca nos abandona, El está no médico e no sanitario que axuda ao
enfermo, está no que leva comida a quen non a ten, está no que da
consuelo ao que está triste, no que acompaña a esas persoas que están
soas; está no corazón de cada un de nós cando facemos ben aos demáis . E
moito,moito cariño para os máis peques de infantil,que son os máis
grandes do cole.
Un bico e un abrazo moi grande para todos vós.
A profre Myriam
Archivo adxunto
HOLA DIOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario