Boas familias, xa estamos de volta con novas propostas. Como sabedes, para
facilitarvos un pouco a organización de tarefas, a partir de agora as entradas no blogue para
enviar as propostas farase de xeito semanal. Cada semana ao final da entrada
axuntaremos unha serie de documentos adxuntos que necesitaredes imprimir para
realizar as actividades.
ACTIVIDADES PARA O MARTES 14
1 RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das emocións, así ao final do mes teremos unha
idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis
sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando
decidades
2.RETO Seguimos completando o noso súper heroe. A temos o traxe e o símbolo, polo
que agora teremos que poñerlle un nome ben orixinal! Parécevos?
3. BANCO DE LETRAS Vamos
crear un banco de letras, para conseguilo temos que atopar as máximas letras do
abecedario posibles. Recortarémolas de revistas, periódicos, envases, etc.
Cando xa teñamos bastantes deberemos con elas nomes de animais mariños.
Pegaremos as letras na ficha ACTIVIDADE 1( atoparédela nun arquivo adxunto que
vos dixo ao final da entrada denominado “Actividades impresas”). Unha vez
teñamos a palabra debuxamos o animal elixido.
Coas letras que nos sobren
podemos seguir xogando a compoñer outras palabras se vos apetece (nomes da
familia, personaxes dun conto, froitas, nomes de debuxos animados ...). e
incluso gardalas para próximas actividades.
O ideal sería que de aquí en
diante seguirades xuntando letras para ter un banco cada vez máis completo. Si
non atopades algunha letra podedes facelas vos mesmos. Ollo! Deben ser letras
maiúsculas, pois, como sabedes, son as que nos utilizamos na aula.
4. ACTIVIDADE 2 Hoxe toca actividade de lóxica, será actividade OBRIGATORIA,
podedes atopala no documento adxunto (“Actividades impresas”), na última paxina
deste documento tamén atoparedes algunhas orientacións para realizar esta
actividade
1. RUTINAS Seguimos realizando cada día as rutinas do calendario (día e tempo
atmosférico) e tamén completando a casiña das emocións. Por suposto, podedes
seguir como rutina realizando actividades de vida práctica que vos propuxemos
en anteriores entradas.
2.RETO: Para ir rematando o noso súper heroe, deberemos inventarlle un
compañeiro/a que o acompañará en tódalas aventuras.
3. ACTIVIDADE ARTíSTICA: “Coas mans na masa”
Como ben di o título da actividade vamos ter que meter as mans na masa,
fabricaremos “masa con fariña” para facer un estampado.
Necesitamos:
- - Fariña
- - Auga e colorante alimentario ou
témpera (isto é opcional xa que a estampación sairá igual, a diferencia é que
sairá con cor ou sen ela)
- - Papel (canto máis groso mellor, o
ideal sería cartolina para que teña máis consistencia)
- - Un pouquiño de paciencia e moito
agarimo
Modo de facelo:
1º Xuntamos fariña e auga ata conseguir unha masa bastante líquida (debería
saír con 2 partes de auga por unha de fariña)
2º Engadir unhas gotas de colorante ou témpera e mesturamos as cores.
3º Verter a masa sobre unha superficie plana.
4º Debuxamos coas mans sobre a masa e cando teñamos o noso debuxo feito...
5º Collemos a cartolina ou folio e deixámolo caer encima do debuxo, logo
con coidado, retiramos o folio e deixámolo secar. Cando estea ben enxoito xa
teremos a actividade lista!
4. ACTIVIDADE 3 (do documento adxunto actividades impresas). Hoxe toca actividade de
lectoescritura. OBRIGATORIA.
ACTIVIDADES XOVES 16
1.RUTINAS Seguimos realizando cada día as rutinas do calendario (día
e tempo atmosférico) e tamén completando a casiña das emocións. Por suposto,
podedes seguir como rutina realizando actividades de vida práctica que vos
propuxemos en anteriores entradas.
2. RETO: Agora tócache dicir cal será o teu superpoder, podes debuxalo ou que
alguén che axude a explicalo
(escribíndo, grvando, etc)
3. MÚSICA: “Xogo das estatuas musicais”
Escollemos unha música que nos guste. Mentres a música soa bailamos ao seu
ritmo, iso si! Tan pronto pare debemos quedar como estatuas. Poderedes ir
complicando uo reducindo o tempo que dure a música para que sexa máis
divertido.
4. ACTIVIDADE Seguimos contando! (atoparédela no documento adxunto actividades impresas
como Actividade 4) Esta actividade é OBRIGATORIA
ACTIVIDADES VENRES 17
1. RUTINAS: Seguimos realizando cada día as rutinas do calendario
(día e tempo atmosférico) e tamén completando a casiña das emocións. Por
suposto, podedes seguir como rutina realizando actividades de vida práctica que
vos propuxemos en anteriores entradas.
2. RETO: Inventar unha pequena historia de como o súper heroe derrotaría ao inimigo
(que pode ser o coronavirus) cos seus poderes e a axuda do seu compañeiro de
aventuras. O importante é que eles se expresen de xeito oral (para axudarlles
podedes ir facéndolles preguntas). Unha vez decidido como vai ser a historia
podedes grabar un audio e enviárnolo ao e-mail da aula.
3. MOVEMENTO “ Xogos populares”
Existen moitos xogos populares, aos cales os nosos maiores (avós e avoas,
tíos e tías, veciños e veciñas,…) xogaron cando eran cativos e cativas coma
nós. Xa que levamos tempo sen velos é un bo momento para chamalos e que nos
conten a que xogaban eles de cativos. Unha vez que nos contaron a forma que
tiñan eles de divertirse levarémola nós tamén á práctica. (Debemos ter en conta
que este xogo deberá poder realizarse dentro da casa). Esta actividade é
obrigatoria. Podedes facer fotografías dos xogos que vaiades realizando.
4.CONTO: Escollede un conto que a vós vos
guste ( xa sabedes, pode ser dos que teñades na casa ou dos recursos que vos
ofrecemos) e realiza unha actividade da batería de contos que non realizaras
aínda. Esta actividade é OBRIGATORIA. Volvemos a adxuntar a batería de
actividades dos contos así como a ficha para realizala se fose necesaria.
ARCHIVOS ADXUNTOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario