Ola de novo familias, vamos coas propostas desta semana
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
Hoxe ademais deixovos unha sorpesiña. Os fíos do
querer son invisibles pero cada un deles lévanos ata algo ou alguén especial.
Sei que botades de menos moito o voso cole e sobre todo aos vosos compas, polo
que vamos a recordar a canción coa que todolos días comeza o noso día na
escola, seguro que bos trae moi bos recordos!
PREMEDE NA IMAXE!
2. EXPERIMENTO Hoxe toca día de ciencia, vamos facer un
experimento moi divertido leite + cor igual a Leite máxica!
Materiais:
-
Colorante alimentario de varias
cores
-
Xabón líquido (lava vaixelas)
-
Leite (preferiblemente enteira)
-
Bastón dos oídos ou escarvadentes
cun pouco de algodón
Procedemento:
1º Vertemos unha fina capa de leite nunha bandexa
ou prato fondo e esperamos a que repouse
2º Engadimos unhas gotas de colorante de varias
cores
3º Mollamos o bastón nun pouco de xabón
4ºPlantexamos as nosas propias hipóteses (preguntámoslle
ao neno/a) que cres que vai pasar?)
5º Introducimos o bastón no leite tocando as
diferentes cores, ides comprobar como as cores se van dispersando e formando
diferentes figuras a medida que movemos o bastón impregnado en xabón. O noso
experimento convertese nunha obra de arte (Recordade sacar fotiños para ver que
chulas quedan!)
6º Comprobamos si a nosa hipótese era certa, e
pensamos en porque pode suceder.
Pista para familias A leite é na súa maior
parte auga pero tamén contén graxas (entre outros produtos) Cando engades os
colorantes estes flotan porque son menos densos que a leite pero cando o xabón
entra en acción, os colorantes empezan a correr por todo prato mesturándose, e
retorcéndose creando este efecto tan xenial).
Sucederon dúas cousas : a primeira é que o xabón
rompe a tensión
superficial da leite e as cores saen despedidos aloxándose do xabón. A
segunda é que o xabón ten unha misión que cumprir que é atrapar graxas. Esta
persecución fai que a leite se mova creando correntes e remuíños nos que quedan
atrapados os colorantes. Cando o xabón atrapa toda a graxa, o movemento
cesa.
Podemos probar tamén que pasaría si o bastonciño
non ten xabón
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso
3.ACTIVIDADE 5 Seguimos Nomes con trampa! (atoparédela no documento adxunto actividades impresas) Esta
actividade é OBRIGATORIA
ACTIVIDADES PARA O MARTES 21
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. AS PÚAS DE PINCHO!
Esta actividade é unha actividade para practicar a
adicción e subtracción ( na clase os pequenos recordarana como o xogo de
pulgas)
Tratase de poñer e quitar os pinchos do porco
espiño segundo a cantidade que nos toque no dados.
Material necesario:
-
- Pinzas da roupa
- - Cartón
- -
Moldes de porco espiño e dado
- -
Ceras, rotuladores ou lapis de
cores...
Procedemento para a elaboración do material:
Primeiro imprimiremos o porco espiño, os nenos
poden pintalo ou decoralo con raias a modo de pinchos, unha vez pintado (si o
desexades) pegámolo no cartón de forma
que teña máis consistencia. Por último imprimimos o dado poñémoslle os puntos ou números que desexemos, tendo en conta as posibilidades de cada neno/a (con grafía en lugar de puntos terá máis dificultade ao igual que con números máis altos) e montámolo(necesitarán a vosa axuda)
Como xogar?
1ª tirada: Tiramos o dado e colocamos tantas pinzas
como puntos nos toquen no dado.
2ª Tirada: esta vez quitamos as pinzas que nos marque
o dado Ollo! Tendes que fixarvos, si vos chegan as pinzas que tedes
colocadas para poder quitalas, si non chegan, tedes que pasar turno e tirará o
compañeiro, se non xogades con compañeiro toca pasar e facer a seguinte tirada.
3º tirada: Nesta tirada volvemos a añadir tantas
pinzas como nos diga o dado
4º Tirada: Retiramos (si podemos as púas que nos
indiquen os puntos do dado)
Ao rematar cada tirada deberán anotar os puntos na
ficha, ainda que sería recomendable que xogarades unha primeira partida sen
cubrir a ficha para que poidan coller a dinámica do xogo e logo si xa o facedes
cubrindo a ficha.
Poden xogar as veces que o desexen!
Como veredes na ficha podedes xogar un ou 2
xogadores
Variantes do xogo (van dende a máis doada ata a
máis complicada podedes adaptala actividade segundo as posibilidades dos
rapaces/as)
-
Variante 1 Para facer máis doada
a actividade podedes pedirlle solo que añadan pinzas e vaian contando cantas
teñen despois de cada tirada)
-
Variante 2 Añaden pinzas e van
contando cantas teñen despois de cada tirada. Unha vez feitas as 4 tiradas
pinzas poden volver a tirar o dado (tantas veces como necesiten ata conseguir
quitalas todas.
-
Variante Para complicar a
actividade podedes modificar a dificultade segundo o neno/a pedindo que tiren
un ou dous dados en cada tirada)
Esta actividade será a actividade obrigatoriado día de hoxe (podedes descargar todo o material necesario para realizar a actividade ao final da entrada en arquivos adxuntos)
3. ACTIVIDADE 6 Actividade de atención e relaxación (atoparédela no documento adxunto
actividades impresas)
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 22
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades e escoitar a canción de Bos días.
2. “MÚSICA MAESTRO”!
Materiais:
-
- Botella pequena ou bote de iogur
bebible
-
- Material para decorar a botella
(papel, cinta adhesiva, pintura..) se o desexades
-
- Arroz, lentellas, area...
Procedemento
1. Metemos na botella arroz grbanzos, lentellas, ou
calquera elemento que poida sonar ao mover a maraca
2.
Decoramos a maraca ao noso gusto
3.
Colocamos unha cinta adhesiva
arredor da botella para que non se abra e....
A tocar!
Nos propoñemos esta maneira de facelas porque nos parece a máis doada, pero podedes votarlle imaxinación e a creatividade que vos queirades e utilizar outros materiais. Deixamos uns exemplos de como facelas, nos propuxemos e
Recordade que si queredes podedes mandar fotos da actividade.
3.ACTIVIDADE 7 Hoxe toca lóxica, descubre o numero máis grande (atoparédela
no documento adxunto actividades impresas) Esta actividade é obrigatoria
ACTIVIDADES PARA O XOVES 23
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. DÍA DO LIBRO
Como sabedes, hoxe celebramos o día do libro, por iso quixemos facervos chegar a seguinte actividade. Premede na imaxe e levaredes unha sorpresiña!
Despois desta pequena sorpresa que esperamos que
vos gustara, tócanos facer un traballiño que pensamos que vos pode resultar moi
divertido.
Tedes debuxar a siluetas das vosas mans e
recortalas (si pode ser sobre cartón fino ou cartolina mellor). Unha vez
recortadas deberedes poñelle unhas uñas ben grandes (con papel, cartolina,
plastilina ou co material que desexedes). Por último toca facerlle a manicura
ás nosas mans, tal como lle fixo Branca a Carabuñas. Podedes mandar fotos do
proceso e do resultado final.
Esta é a actividade obrigatoria de hoxe.
3. PROPOSTA
Hoxe o conto tocounos contalo a nos, pero tamén nos
gustaría poder escoitarvos a vos ¿que vos parece si entre todos facemos unha
biblioteca de contos no noso blogue? Gravade un pequeno conto e enviádeo ao
noso correo logo as mestras subirémolo a web do centro ( podedes facelo vos ou
calquera membro da familia)
E como vos dicimos sempre, un bo momento para ler
o conto é antes de ir a durmir, por elo presentámosvos a iniciativa CONTOS PARA
DESPOIS DAS OITO E VINTE
Premede na SEGUINTE
imaxe e descubriredes unha canle en youtube onde poderedes atopar unha chea de contos moi
interesantes.
ACTIVIDADES PARA O VENRES 24
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades
AVISO: Reto de súper heroes. En breve montaremos un
vídeo con todas as imaxes que nos fostes achegando sobre os súper heroes , polo
que si tedes algunha que non nos mandarades aínda estades a tempo de facelo!
2. CIRCUÍTO OLÍMPICO. TOKIO 2022
En circunstancias normais a estas alturas
estaríamos preparando os xogos olímpicos, aínda que como sabemos, se tiveron
que pospoñer, non está demais seguir adestrando, así estaremos máis preparados
para o vindeiro ano.
Esta actividade trata de construír un circuíto
olímpico con elementos que pidades atopar pola casa (cadeiras, cinta adhesiva,
lá, botellas, etc), no que poder incluír diferentes probas, carreira de
obstáculos, salto, equilibrio, relevos, etc. E supéralo no menor tempo posible, e cada vez mellor.
Deixámosvos algunhas fotos e o enlace a
un vídeo para que poidades ver algún exemplo.
Fotos
4. ACTIVIDADE 8 Hoxe toca actividade de aproveitando que estamos na
semana do libro, vamos ver se recoñecedes os nomes dalgúns personaxes ben
coñecidos por vos (atoparédela no arquivo adxunto dossier de actividades
impresas) . Esta actividade é obrigatoria.
ARQUIVOS ADXUNTOS
E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e tamén xogade con eles pois
esta é a mellor forma que teñen de aprender.
Para calquera dúbida non
dubidedes en contactar connosco no correo da aula. Grazas infinitas por seguir
esforzándovos por colaborar connosco. Unha aperta da profe!
No hay comentarios:
Publicar un comentario