1º Rutinas: Rodeamos no
calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da
semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle
que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número
do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e
que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Tamén
podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada
día ¿ acadarán o récord? E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2º Reto: Todo súper heroe, ademais dun símbolo debe ter un traxe
que o identifique, por isto, hoxe propoñemos que fagades o deseño do voso traxe
(podedes buscar diferentes imaxes de súper heroes para ver que teñen en común) Non esquezades
incluír o voso símbolo no traxe!
Deberedes acordarvos tamén de
seguir coloreando a casiña das emocións, xa que esta é unha actividade para ir
facendo tódolos días do mes de abril.
3º Xogo motor: Como todas as semanas, temos que movernos un pouquiño,
por iso, hoxe vos propoñemos O XOGO DA "SERPE MOTRIZ” do que vos deixamos o
enlace máis abaixo. Trátase de tirar o dado, mover ficha e facer os movementos
que nos toquen. Este xogo foi elaborado por un mestre, agora ofrece este e
outros recursos creados por el de forma voluntaria para que toda a comunidade educativa
o poidan utilizar.
(premede na imaxe)
4º Pascua divertida: como todos sabedes, hoxe comezan as vacacións de Semana
Santa, aínda que van ser moi diferentes a como estamos acostumados, os nenos/as
deben ter un pouquiño de descanso das tarefas escolares, polo que durante este
período (dende hoxe ata o 14 de abril) non vamos subir entradas ao blogue de
forma diaria. De tódolos xeitos podedes seguir mandando as actividades que
vaiades realizando ao noso correo.
Tamén queremos deixarvos un
recurso para que poidades utilizalo durante estes días se vos apetece, podedes
descargalo premendo no seguinte enlace.
E coma sempre vos digo, non
esquezades ler con eles un anaquiño ( a hora de ir para a cama é un bo momento).
Xogade con eles e deixádeos xogar libremente, pois do xogo é a mellor forma que
un nen@ ten de aprender.
Seguimos estando a vosa
disposición para o que necesitedes no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu
Desexamos e agardamos que pasedes
estes días da mellor maneira posible dadas as circunstancias. Unha aperta, e
moitos bicos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario