ACTIVIDADES PARA O LUNS 27
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. EXPERIMENTO “Plantación de primavera”
Necesitamos
-
Unha bolsa tipo zip, vaso
transparente ou recipiente que lles permita ver as raíces da planta.
-
Algodón.
-
Lentellas, fabas ou algunha outra
semente.
Procedemento
1º Colocamos un pouco de algodón na bolsa ou vaso e
as sementes encima.
2º Presionamos lixeiramente cos dedos para que
quede ben asentadas e fagan un bo contacto.
3ºTapamos con outro algodón lixeiramente humedecido
e presionamos de novo
4ºPechamos a bolsa.
5º Poñemolo a luz (podemos colocalo na fiestra)
6º Esperamos e vamos observando o proceso (se nos
apetece podemos ir sacando fotos para ver como foi evolucionando e incluso
medir e anotar canto foi crecendo)
Deixámovos un enlace a un conto relatado por nenos e nenas e que está moi relacionado co tema premede na imaxe para acceder.
Esta será a actividade obrigatoria de hoxe
3. ACTIVIDADE 9 Trátase dunha secuencia sobre a
actividade anterior, pero, como consello diriámosvos que a fixerades unha vez xermine
a planta para que poidan ver o proceso completo.
4. ACTIVIDADE 10 Hoxe vamos ter que abrir ben o
oídos e recoñecer os sons polas que empezan as palabras (podedes atopar a actividade no dossier)
ACTIVIDADES PARA O MARTES 28
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2.XOGO "Cociñando palabras a mariñeira"
Necesitamos:
-
As imaxes dos animais (imprimir
arquivo adxunto animais)
-
Os ovos coas letras (imprimir
arquivo adxunto “ovos”)
-
Unha tixola (podedes imprimir
o arquivo "tixola" ou utilizar unha de verdade que lle resultará máis significativo)
-
Un mandil e gorro (opcional)
-
Unha espumadeira (opcional)
Como xogar:
1º Recortamos as imaxes e os ovos (podedes axudarlles)
2º Poñemos o mandil pois como todos os vos cociñeiros debemos
prepararnos para a faena (esto facémolo para poñer aos nen@s en situación e que
lles resulte máis divertido pero non é obligatorio)
3º Collemos a imaxe da tixola ou unha de verdade.
4º Escollemos a tarxeta dun animal.
5º Buscamos todas as letras dese animal ( poden coller
unha espumadeira para facer o trasvase á tixola, resultaralles mais divertido)
6º Sacamos unha foto da nosa comida e incluso podemos inventar
un nome para a nosa receita se o desexamos.
Podemos repetir cantas veces nos apeteza e incluso poñer
un tempo para atopar as letras e se faga aínda máis divertido.
Esta actividade será a obrigatoria de hoxe, para realizala debedes imprimir os seguintes arquivos,premede nos enlaces:
3. ACTIVIDADES 11: Axudade ao gatiño a atopar o camiño! (a actividade atoparédela no dosier
de actividades, ao final das etradas)
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 29
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2.SACAPENAS
Como sabedes abril é o mes dos libros e como queremos
encher a nosa páxina web de contos deixamos unha nova sorpresa. Esperamos que
vos guste! Premede na imaxe para descubrila.
Como vedes, estes pequenos bonequiños poden
axudarnos a aliviar as preocupacións que nestes días poden sentir os pequenos,
polo que o que hoxe vos propoñemos é que fagades os vosos propios sacapenas para poder contarlle as vosas preocupacións.
Hai moitos tipos e maneiras de facelos, como podedes
ver nas seguintes imaxes:
Aquí deixámosvos un par de vídeos, onde poderedes
ver como se fan e a historia dos mesmos e outro cunha canción relacionada.
4. ACTIVIDADES SACAPENAS
Estas serían a actividades obrigatorias de hoxe premede na seguinte imaxe para descargalas.
ANIVERSARIOS ABRIL
Hoxe no cole, celebraríamos os aniversarios do mes de Abril, como xa fixemos anteriormente non queremos deixar de felicitar a unha personiña que cumple neste mes, asique, Parabéns ARI!! Mirade na páxina do cole e atoparedes a sorpresiña!
ACTIVIDADES PARA O XOVES 30
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de
hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes,
ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos
obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no
que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen
contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das
emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. MOVEMENTO “Entre
pegadas anda o xogo”
Hoxe presentámosvos un xogo para estimular o
equilibrio dos nen@s. Para crealo, simplemente necesitades cartolinas de cores
, nas cales nunha cor imprimiremos as mans e noutra cor diferente os pes. No
caso de non dispoñer de cartolinas valerá cartón ou papel que poden pintar eles
ou axudarlles vos si vedes que se van cansar demasiado xa que son bastantes. Outra posibilidade sería simplemente
debuxalas no chan, usade a vosa creatividade para buscar a opción que máis se
vos axuste xa que o obxectivo desta actividade é mellorar a súa coordinación e equilibrio.
Unha vez feitas as plantillas fixarémolas ao chan con
cinta adhesiva (consello si a cinta é ancha e tedes suficiente, podedes cubrir
toda a silueta moito mellor xa que evitaremos que o papel rompa e que poidan
esvarar).
Comezaremos cun circuíto de pouca dificultade salteado
algunha pegada para que teña que saltar ou dar pasos grandes. Cando o neno
supere está proba podes combinar nunha mesma liña pes esquerdos e dereitos para
obrigarlles a cruzar as pernas. Podedes crear tantas
combinacións como queirades.
Deixamos varias imaxes de como facelos
Premede no seguinte enlace para descargar as plantillas das pegadas: PISADAS
3. ACTIVIDADES 12 Abride ben os ollos e prestade
moita atención (Esta será a actividade obrigatoria
de hoxe, atoparédela no dossier de actividades, nos documentos adxuntos)
5. DÍA DO
TRABALLADOR/A “Debuxos e palabras con corazón”
Como sempre vos digo, debemos ser bos compañeiros e dar
as gracias cando alguén nos axuda (esa é una das palabras con corazón que dicimos
moitas veces na aula recordades?) As palabras con corazón axudan aos demais a
sentirse ben.
Estades demostrando ser auténticos superhérohes cumprindo
coa vosa misión, quedar na casa e derrotar ao virus, pero seguro que
coñecedes a alguén, familiares ou amigos da familia, que estes días tamén teñen
que cumprir con outras misións moi importantes; os que teñen curar a outras
personas (médicos/as, auxilires, celatores/as, enfermeiros/as, etc) limpiadores/as, agricultores/as, gandeiros/as, operarios de fábricas, transportistas, persoal de recollida do lixo, persoal de supermercados etc. Todos colaboran para montar este gran puzle que é o de coidar de nós.
Dado que mañá celebramos o día do traballo, e dada
a situación, propoñémosvos que fagamos un pequeno homenaxe para as persoas que
cada día teñen que saír a traballar, e así, animalos e darlles as gracias polo seu esforzo!
Trátase de facerlle un debuxo e escribirlle algunha
palabra con corazón algunha destas personas. Unha vez feitos a idea é facerllos chegar a a esas persoas Como?, pois entregarllos cando algún dos adultos da vosa casa vaian ao supermercado, a farmacia, gasolineira, darlos aos compañeiros dos vosos familiares, pegalos no contedor do lixo... ou simplemente poñelo nas ventanas ou no noso blogue para que os poidan ver o noso agracecemento (temos varias posibilidades, pero recordade sempre cumprindo as normas).
Sería interesante que enviarades as fotografías para facer o mural das grazas. Ánimo e mans a obra!
Sería interesante que enviarades as fotografías para facer o mural das grazas. Ánimo e mans a obra!
ARQUIVOS ADXUNTOS
a
A continuación deixodo dous recursos que utilizamos moito na aula para
que vós tamén os poidades ter a man na casa e os nenos /as os
poidan utilizar de apoio cando teñan dúbidas por exemplo de como se
escribe algún número, nese caso comezarán a contar dende o 1 e pararán
no que necesiten. Tamén os utilizar para ver que números van antes e
despois, etc ou incluso cando propoñamos algún xogo en concreto de
lóxica
-
RECTA NUMÉRICA
(
Debedes recortala e pegala como se indica, o ideal sería plastificalo
ou forralo mesmo con cinta adhesiva transparente, deste xeito poden
manexala sen que se estrague. Ollo, non é necesario que a montedes ata o
100 podedes parar a partir do 31 que son os días do calendario, xa que
de momento non estamos a traballar con eles cantidades moito máis
grandes)
E como sempre dicimos xogade, que xoguen
solos e tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender
e por suposto non vos esquezades de dedicarlle un anaquiño de tempo a lectura
compartida e ao paseiño diario!
Coma sempre para calquera dúbida non
dubidedes en contactar connosco no correo da aula. Grazas infinitas por seguir
esforzándovos por colaborar connosco. Unha aperta da profe!
E como sempre dicimos xogade, que xoguen
solos e tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender
e por suposto non vos esquezades de dedicarlle un anaquiño de tempo a lectura
compartida e ao paseiño diario!
No hay comentarios:
Publicar un comentario