domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LUNS 29 MARZO

Boas familias comezamos unha nova semana con novas propostas e para o día de hoxe temos as seguintes:

1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
         Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada día ¿ acadarán o récord? E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2º Reto para súperheroes: No anterior reto intentamos facilitarvos un recurso para que os pequenos comprenderan a importancia de lavar as mans, pos ben hoxe queremos propoñémosvos outro pequeno experimento co que poder comprobar cal é a forma máis axeitada de facelo.  A continuación deixamos o enlace dun vídeo onde nos ensinan como facelo.

Ademais do vídeo tamén vos deixamos un xogo no cal poderedes lavar as mans, de forma interactiva e acceder a outras moitas actividades acompañados dunha personaxe moi simpática, o pequeno Fantasmín, xa veredes cantas cousas podedes aprender con el!
Para poder entrar tendes que facer clic no seguinte enlace: http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/ 
Unha vez na páxina clicamos en alumnado:

 Ollo: Pode ser que a páxina vos solicite que activedes o Adobe Flash, premedes no símbolo, vai saín unha pequena ventá emerxaente que vos pregunta si queredes permitir, clicade en aceptar)


Despois disto debería aparecer un Castelo na pantalla

Prememos na porta para poder entrar ao castelo


Agora clicamos na fonte e xa podemos comezar a lavar as manciñas

Para facer desaparecer as manchas debemos clicar encima de cada unha delas ata que as eliminemos todiñas e nos queden unas mans limpas, limpas!

Unha vez conseguido, poderán seguir probando os diferentes xogos que nos ofrece a páxina. Esperemos que vos divirtades!

E unha derradeira proposta:

Exploramos animais?” Esta é unha actividade sorpresa para os nen@s. Debedes pinchar no documento adxunto, no cal se explica como facer.


E coma sempre non esquezades de deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida.

 Seguimos estando a vosa disposición para calquera dúbida no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu


My Family Tree

Hello kids!
Que tal estades?
Teño unha proposta de actividade para English que pode ser moi divertida!
Xa que estabamos aprendendo o vocabulario da Family, que vos parece se facemos un Family Tree?
Para facer o FAMILY TREE, a nosa árbore familiar, necesitaremos pinturas e fotos da nosa familia! Necesitamos:
- Unha foto nosa
- Unha foto de mamá e outra de papá
- Unha foto da nosa irmá ou do noso irmán, se temos! Se non tedes irmás, podedes poñer unha foto ou un debuxo da vosa mascota. Sede creativos!
Vouvos deixar aquí unha imaxe de exemplo e unha plantilla por se vos serve para imprimir ou inspirar your Family Trees, pero tamén podedes facelo nunha cartulina, pintar a vosa propia árbore, facer un collage, pegar as fotos ou debuxos que queirades...O importante e que poñades o seguinte:
- o título MY FAMILY TREE (para os máis pequenos de 3 anos, papá e mamá poden escribir o título e as palabras e vos decorades o debuxo!)
- Debaixo das fotos, poñer MUM (mamá), DAD (papá), ME (aquí vai a vosa foto), BROTHER (se tedes un irmán), SISTER (se tedes unha irmá).
- Se queredes engadir máis familia, como GRANDPA (avó) e GRANDMA (avoa) tamén podedes!
Se vos animades a facer esta actividade, por favor enviádeme ao meu correo unha foto do voso traballo!
Shadia.correo.mestra@gmail.com

Family TREE 1
FAMILY TREE (exemplo)

jueves, 26 de marzo de 2020

English para os peques! #stayathome

 Bos dias familias! Good morning families! 

How are you today?

Para que os/as peques non se esquezan das divertidas cancións que bailamos nas sesións de inglés, vouvos deixar por aquí uns enlaces para que practiquen os saúdos en English e aprendan vocabulario mentres xogan.

Good Morning

Hello, Hello

Baby Shark

ABC lullaby

Debuxos:

Caillou

Peppa Pig

Debuxos, xogos e actividades para os peques:

CBeebies

Sarah&Duck

Tamén vos deixo unha dirección de correo por se queres facer algunha consulta ou queres pedir máis recursos e xogos en English.

shadia.correo.mestra@gmail.com

Moito ánimo!

 

ACTIVIDADES VENRES 27 DE MARZO


Ola familias, xa para rematar a semana, deixamos novas ideas para facer cos pequen@s

Rutinas: Coma todos os días faremos as rutinas, a do calendario e a de debuxar o virus na man sen esquecer anotar. Tamén poden seguir colaborando nas tarefas do fogar. 

2º Reto de súperheroes: Hoxe vámonos converter en científicos!
 Xa levamos comprobando da importancia de lavar as mais, e máis en esta situación, polo que hoxe queremos propoñémosvos un experimento moi sinxelo e moi visual para os cativ@s probar o que ocorre cando tocamos obxectos ou alimentos coas mans sen lavar.
Material necesario:
-          3 rebandas de pan bimbo
-          3 bolsas de conxelar, a ser posible con peche zip, para que non poida entrar aire.
-          Auga e xabón
Procedemento.
-          - Colocar una rebanda de pan nunha das bolsas pero sen tocala coa man e pechar a bolsa. Esta será a mostra de control
-          - Coller outra rebanda coas mans “sucias” e tocala varias veces antes de métela na súa bolsa correspondente e pechar ben.
-          - Meter una última rebanda na bolsa, pero esta vez coas mans ben limpiñas e pechar.

Sería recomendable etiquetar as mostras, xa sexa con letras números ou debuxos, eles deciden

Unha vez rematado todo o procedemento, podemos pedirlle aos nenos, como bos científicos, que nos expoñan a súa hipótese (Que pensan que vai pasar?)



Cada día podemos ir observando o que vai sucedendo con cada una das rebandas/ mostras e pasados uns días xa poderemos comprobar se as nosas hipóteses eran certas ou non.

Aquí vos deixamos unha pequena pista...


Composición de primavera 
Xa fai uns días que a primavera nos acompaña, polo que a nosa idea é que os nenos/as fagan unha composición con elementos do medio natural (se é posible), tapóns, papeis ou outros obxectos que se lles ocorran. Será unha composición móbil representando elementos da primavera( flores, bolboretas, etc) cando dicimos móbil referímonos a que non tedes que pegar os elementos senón que será para facer e desfacer as veces que queiran, deixade voar a súa imaxinación! A ou as creacións que vaian facendo podedes sacarlle unha fotografía para que vos quede de recordo e tamén por si vos apetece enviar a actividade ao correo da aula para subir ao blog e compartila cos compañeiros/as.

4º Xogo en familia: Para recordar vellos tempos e aproveitando que xa levamos uns días a xuntar tapóns propoñémosvos xogar ás chapas cos pequen@s, podedes facer unha carreira de chapas, deseñar un circuíto...


Non esquecer compartir algún momento de lectura con eles, pero sobretodo desfrutade do tempo que teñades para estar en familia. Bicos!

Coma sempre para calquera dúbida que teñades coas actividades, ou calquera cuestión que nos queirades trasladar podedes mandar un correo a

miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES XOVES 26 DE MARZO



Ola familias aquí vos deixo as propostas de mañá:

1º Coma todos os días faremos as rutinas, a do calendario e a de debuxar o virus na man sen esquecer anotar. Tamén poden seguir colaborando nas tarefas do fogar.

2º Revisión de súper heroes: De vez en cando todos debemos facer algunha revisión para ver como vai a nosa saúde, neste caso vamos ver como van os nosos súper poderes, para comprobalo debedes de pasar as seguintes probas

  SUPERTACTO.Tedes que pechar moi ben os ollos e adiviñar que parte do corpo vos están tocando.
 Outra posibilidade é pechar os ollos co brazo estendido e a palma da man cara abaixo. Pónselles (ás veces) una palliña e eles/as teñen que dicir cando notan que estaba a palliña e cando non.
  SUPERVELOCIDADE. Os nenos/as teñen que correr 50 segundos pero sen moverse do sitio.
  SUPERVISTA. 1ª opción : Agochar un obxecto da casa, os demais deben adiviñar que falta. Hai obxectos que sempre están aí pero daranse conta de que falta?
 Tamén vale poñer uns obxectos encima da mesa, que os vexan uns segundos e logo taparllos. Deben recordar o máximo número de obxectos posible.
  SUPERFORZA. Teñen que facer un pulso chino.
SUPEROLFACTO. Cos ollos pechados deben adiviñar diferentes olores; colonia, limón, vinagre, menta, loureiro, etc  si impregnades dous algodóns con cada un dos olores tamén podedes buscar a súa parella.



2º Conto, Elixir un dos contos que teñades na casa ou dos enlaces que vos deixamos na batería de actividades, lelo cun adulto e logo facer unha das actividades propostas para traballar cos contos. Como recordadredes na primeira entrada que fixemos do blog deixamos unha ficha para facer estas actividades.

 Volvo a deixarvos o enlace para que vos sexa máis doado atopalos

3º Curtametraxe
Como xa sabemos a este virus vencémolo xuntos, pois ben aquí vos deixamos unha curta (ou o que é o mesmo, unha película curta) para que comprobedes a importancia de aprender uns dos outros, de axudarnos e en definitiva do traballo en equipo. Esperamos que o desfrutedes 

Coma sempre, non esquezades deixalles tempo sempre para que xoguen libremente e para xogar xuntos! Moitas apertas!