domingo, 7 de junio de 2020




Ola de novo, aquí vos deixamos as tarefas para esta semana, ánimo que xa estamos chegando á recta final...

ACTIVIDADES PARA O LUNS 8

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando o sol das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. PIDE UN DEXO CO DENTE DE LEÓN



Todos sabemos que os dentes de león poden ser máxicos, cando os atopamos se ao soprar pedimos un desexo este pódesenos cumprir. Por iso hoxe vos propoñemos a seguinte actividade:
Primeiro teredes que decorar o dente de león que vos adxuntamos usando a plantilla, 

Para decorar o dente de león podedes deixar a vosas pegadas con témpera, debuxos con rotus, con ceras, con pintura soprada
Logo deberemos pensar nun desexo e escribilo nunha tarxetiña (podedes axudarlles), e por último soprar con forza! Si nas saídas que fagades os atopades podedes mandarnos unha foto con eles. 


 Premede no seguinte enlace para descargar a actividade


3. ACTIVIDADE 31 Hoxe vamos igualar cantidades 

Deixo un xogo como actividade previa

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/igualar-visualmente-torres-de-encajables-1-10/



ACTIVIDADES PARA O MARTES 9

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando o sol das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. Nº NOS ZAPATOS

Agora que chegou o bo tempo toca cambio de armario e damos boa conta das nosas medras.
Desta vez opoñemos que collades varios zapatos e fagades a súas siluetas (podedes facer uns do ano pasado e deste para poder comparar, con zapatos que atopemos pola casa, de  papa, mama, irmáns, avós...)
Unha vez debuxada recortamos a silueta (tamén podemos decorala ou facela sobre papeis de cores)
Despois deberemos facer unha pequena tarxeta cos números dos zapatos escollidos, para elo primeiro termos que buscar no zapato que número ten


                             
A partir destas podemos facer varias actividades:

-        - Colocar os números coa silueta que corresponda.



-       - Ordenalas de menor a maior ou de maior a menor



    - Superpoñer as siluetas para ornenar por tamaños







       Deixo un xogo previo para que poidan practicar (premede no enlace)





     - Familias de números

     Ordenar as siluetas segundo a familia de números a que corresponda (recordade a familia do 0 é o 1,2,3,4,5,6,7,8 e 9, a do 10 é o 11,12,13,14,15,16,17,18,19, a do 20 é 21,22,23,24,25,26,27,28,29, a do 30 son o 31,32,33,34,35,36,37,38 e 39, e así sucesivamente co 40, 50, 60, 70, 80, ...) Podedes premer no enlace para ver a explicación para que poidades entender de que se trata.


    Na aula estivemos traballando as familias coa axuda de casiñas como as que vedes na imaxe seguro que eles/as as recordan





        No dossier tamén poderedes atopar unhas rectas con diferentes familias  de números por si as necesitades.                                        
     
 

-       
Actividade 32  familias de zapatos (atoparedes a actividade no dossier)


ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 10

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando o sol das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2. GLOBO MÁXICO.Hoxe toca experimento, queredes ver como podemos hinchar un globo sen soprar?

Necesitamos
-      - Unha botella valeira
-      - Un globo
-      - Vinagre
-      - Bicarbonato
-      - Embude (opcional)
-      - Unha culler pequena

Procedemento
1.     Enchemos a botella cun pouco de vinagre (dous dedos aproximadamente)
2.    Introducimos o bicarbonato dentro do globo axudándonos da culler e do embude.
3.    Colocamos o globo na boca da botella e ...

Deixamos un vídeo para que poidades ver todo o proceso do experimento


3.ACTIVIDADE 33 Adiviña adiviñanza...



ACTIVIDADES PARA O XOVES 11

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando o sol das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2 PIM PAU XOGO DE MANS

Deixámosvos o seguinte vídeo co que os pequenos poderán traballar a súa coordinación, motriciade fina e o ritmo E A ATENCIÓN



Esperamos que o pasedes moi ben e que desfrutedes con este xogo de mans, se queredes podedes investigar que outros xogos de mans hai e enviarnos as vosas propostas



3. ACTIVIDADE 34 Nesta actividade toca prestar atención e memorizar... 


ACTIVIDADES PARA O VENRES 12

1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás, cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando o sol das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2 TWISTER Crea tu propio xogo das posturas!

Materiais

  • Follas brancas
  • Tesoiras
  • Papel de catro colores diferentes
  • Adhesivo
Como facer:

Coa axuda dalgún obxecto circular, marca círculos de cada unha das cores.

                                              
                                               
Recorta catro círculos de cada color (tamén podedes facelos en branco e colorear)                                                
                                            
Pega os círculos  de cores no chan co adhesivo.

Logo arma pequenas tarxetas de instrucións. Recorta a silueta dunha man e dun pé en cada unha das catro cores utilizados anteriormente. Deste xeito, os nenos poderán comprender facilmente as instrucións das tarxetas, como por exemplo: "Pon a túa man nun círculo amarelo."
                                                  
 ¡E xa estarán listos para xogar! Coloca todas as tarxetas do revés, cada xogador sacará unha as azar e deberá cumprir coa consigna. Podedes agregar "dereita" ou "esquerda" ás instrucións para facer máis complexo o xogo.

                                                   

3. ACTIVIDADE 35 Hoxe crucinomes! (atoparedes a actividade no dossier)


ARQUIVOS ADXUNTOS
E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por suposto non vos esquezades de dedicarlle un tempiño á lectura compartida!
Moitos biquiños da profe!

No hay comentarios:

Publicar un comentario