E chegamos á derradeira semana do curso, por iso, igual que faríamos na
escola imos facer unas actividades un pouco máis especiais e lúdicas, estas
actividades serán totalmente voluntarias. Propoñemos son as seguintes:
MAXIA BAIXO A AUGA
Hoxe faremos un experimento con auga, imos facer desaparecer as cores dun
debuxo cando o metemos nun recipiente con auga, cando a saquemos volverán a
aparecer. Maxia! Tan só necesitaredes un vaso ou recipiente con auga, un papel, cores e unha bolsa zip.
Clicade no vídeo para ver o proceso:
Agora xa somos expertos en eliminar virus, así que propoñémosvos unha
actividade ben divertida, trátase de as familias debuxedes virus de diferentes
cores por distintos partes da casa, onde sexan doados de borrar, a nosa
recomendación é que usedes rotuladores de tipo veleda (e dicir, dos que se usan
para escribir en “pizarras” brancas). Unha vez que o virus estean debuxados os nen@s terán que atopalos e eliminalos cun trapiño mollado en auga con xabón.
Como podedes ver as profes xa estivemos eliminando os que atopamos polo
cole, agora tócavos a vós.
Tamén vos deixamos outros exemplos doutros virus que xa foron atopados e
eliminados en outras casas.
Si vos apetece, as familias podedes facer unha lista dos virus que debuxaches
para que eles leven a conta. Aquí vos deixamos un exemplo de como podería ser. (Premede na imaxe para descargar a plantilla, na primeira columna deberedes debuxar os virus da cor que sexan, na segunda poñer o número de cantos teñen que atopar, na útima columna deben ir anotando os que eliminaron, poden facelo por medio de símbolos e dicir unha raia punto etc por cada un que eliminen)
3.
MENSAXE de DESPEDIDA
Que vos parece si nos despedimos todos xuntos?
Consistirá no seguinte:
Deberedes gravar un anaquiño de vídeo moi pequeniño (20 segundos aprox) coa
mensaxe de despedida que cós queirades e logo envialo ao noso correo de aula, agardaravos unha sorpresiña, por elo pedimos a máxima colaboración posible. A DATA
LÍMITE DE ENTREGA MÉRCORES 17 DE XUÑO, animádevos!
XOGOS DE AUGA
Xa para rematar queremos deixarvos diferentes enlaces con xogos de auga moi
divertidos. A nosa intención era que puiderades facelos durante esta semana
pero visto que o tempo non no lo permite, aportámosvolos igualmente para que
poidades desfrutar con eles ao longo do verán .
Chegados a este punto tan so queda felicitarvos polo gran traballo realizado
durante o curso tanto aos nenos/as como as familias. Esperamos que tiverades aprendido moito,
pero por riba de todo que tiverades pasado bos momentos realizando as diferentes
propostas.
Polo voso esforzo ao longo destes meses queremos darvos….
E recordade: xogando e lendo sempre seguiredes aprendendo!
Unha aperta e unha manchea de bicos da profe!
Desfrutade destas merecidas vacacións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario