domingo, 12 de abril de 2020

ACTIVIDADES SEMANA DO MARTES 14 AO VENRES 17 DE ABRIL





Boas familias, xa estamos de volta con novas propostas. Como sabedes, para facilitarvos un pouco a organización de tarefas,  a partir de agora as entradas no blogue para enviar as propostas farase de xeito semanal. Cada semana ao final da entrada axuntaremos unha serie de documentos adxuntos que necesitaredes imprimir para realizar as actividades. 

ACTIVIDADES PARA O MARTES 14

1 RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
 Recordade que tamén seguir coloreando a casiña das emocións, así ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades

2.RETO Seguimos completando o noso súper heroe. A temos o traxe e o símbolo, polo que agora teremos que poñerlle un nome ben orixinal! Parécevos?

3. BANCO DE LETRAS Vamos crear un banco de letras, para conseguilo temos que atopar as máximas letras do abecedario posibles. Recortarémolas de revistas, periódicos, envases, etc. Cando xa teñamos bastantes deberemos con elas nomes de animais mariños. Pegaremos as letras na ficha ACTIVIDADE 1( atoparédela nun arquivo adxunto que vos dixo ao final da entrada denominado “Actividades impresas”). Unha vez teñamos a palabra debuxamos o animal elixido.
Coas letras que nos sobren podemos seguir xogando a compoñer outras palabras se vos apetece (nomes da familia, personaxes dun conto, froitas, nomes de debuxos animados ...). e incluso gardalas para próximas actividades.
O ideal sería que de aquí en diante seguirades xuntando letras para ter un banco cada vez máis completo. Si non atopades algunha letra podedes facelas vos mesmos. Ollo! Deben ser letras maiúsculas, pois, como sabedes, son as que nos utilizamos na aula.


4. ACTIVIDADE 2 Hoxe toca actividade de lóxica, será actividade OBRIGATORIA, podedes atopala no documento adxunto (“Actividades impresas”), na última paxina deste documento tamén atoparedes algunhas orientacións para realizar esta actividade



1. RUTINAS Seguimos realizando cada día as rutinas do calendario (día e tempo atmosférico) e tamén completando a casiña das emocións. Por suposto, podedes seguir como rutina realizando actividades de vida práctica que vos propuxemos en anteriores entradas.


2.RETO: Para ir rematando o noso súper heroe, deberemos inventarlle un compañeiro/a que o acompañará en tódalas aventuras.
3. ACTIVIDADE ARTíSTICA: “Coas mans na masa”
Como ben di o título da actividade vamos ter que meter as mans na masa, fabricaremos “masa con fariña” para facer un estampado.
Necesitamos:
-          - Fariña
-        - Auga e colorante alimentario ou témpera (isto é opcional xa que a estampación sairá igual, a diferencia é que sairá con cor ou sen ela)
-         - Papel (canto máis groso mellor, o ideal sería cartolina para que teña máis consistencia)
-         - Un pouquiño de paciencia e moito agarimo

Modo de facelo:
1º Xuntamos fariña e auga ata conseguir unha masa bastante líquida (debería saír con 2 partes de auga por unha de fariña)
2º Engadir unhas gotas de colorante ou témpera e mesturamos as cores.
3º Verter a masa sobre unha superficie plana.
4º Debuxamos coas mans sobre a masa e cando teñamos o noso debuxo feito...
5º Collemos a cartolina ou folio e deixámolo caer encima do debuxo, logo con coidado, retiramos o folio e deixámolo secar. Cando estea ben enxoito xa teremos a actividade lista! 

4. ACTIVIDADE 3 (do documento adxunto actividades impresas). Hoxe toca actividade de lectoescritura. OBRIGATORIA.

ACTIVIDADES XOVES 16

1.RUTINAS Seguimos realizando cada día as rutinas do calendario (día e tempo atmosférico) e tamén completando a casiña das emocións. Por suposto, podedes seguir como rutina realizando actividades de vida práctica que vos propuxemos en anteriores entradas.

2. RETO: Agora tócache dicir cal será o teu superpoder, podes debuxalo ou que alguén che axude a explicalo  (escribíndo, grvando, etc)

3. MÚSICA:  “Xogo das estatuas musicais”
Escollemos unha música que nos guste. Mentres a música soa bailamos ao seu ritmo, iso si! Tan pronto pare debemos quedar como estatuas. Poderedes ir complicando uo reducindo o tempo que dure a música para que sexa máis divertido.

4. ACTIVIDADE Seguimos contando! (atoparédela no documento adxunto actividades impresas como Actividade 4) Esta actividade é OBRIGATORIA



ACTIVIDADES VENRES 17

1. RUTINAS: Seguimos realizando cada día as rutinas do calendario (día e tempo atmosférico) e tamén completando a casiña das emocións. Por suposto, podedes seguir como rutina realizando actividades de vida práctica que vos propuxemos en anteriores entradas.

2. RETO: Inventar unha pequena historia de como o súper heroe derrotaría ao inimigo (que pode ser o coronavirus) cos seus poderes e a axuda do seu compañeiro de aventuras. O importante é que eles se expresen de xeito oral (para axudarlles podedes ir facéndolles preguntas). Unha vez decidido como vai ser a historia podedes grabar un audio e enviárnolo ao e-mail da aula.

3. MOVEMENTO “ Xogos populares”
Existen moitos xogos populares, aos cales os nosos maiores (avós e avoas, tíos e tías, veciños e veciñas,…) xogaron cando eran cativos e cativas coma nós. Xa que levamos tempo sen velos é un bo momento para chamalos e que nos conten a que xogaban eles de cativos. Unha vez que nos contaron a forma que tiñan eles de divertirse levarémola nós tamén á práctica. (Debemos ter en conta que este xogo deberá poder realizarse dentro da casa). Esta actividade é obrigatoria. Podedes facer fotografías dos xogos que vaiades realizando.


4.CONTO: Escollede un conto que a vós vos guste ( xa sabedes, pode ser dos que teñades na casa ou dos recursos que vos ofrecemos) e realiza unha actividade da batería de contos que non realizaras aínda. Esta actividade é OBRIGATORIA. Volvemos a adxuntar a batería de actividades dos contos así como a ficha para realizala se fose necesaria.


 ARCHIVOS ADXUNTOS:

viernes, 3 de abril de 2020

Easter holidays!

Good Morning!
How are you today?
Xa están aquí as vacacións da semana santa, cando celebramos a pascua. En English, chamámoslle EASTER. Cando chega EASTER, aparece o EASTER BUNNY para esconder os seus EASTER EGGS decorados, e os nenos que os atopan levan unha sorpresa, e comen CHOCOLAT EGGS!
Para que disfrutedes moito destas vacacións, vouvos deixar por aquí uns links para...
- Escoitar cancións divertidas de Easter!  
EASTER BUNNY BOP.
10 EASTER BUNNIES
- Ver a Peppa Pig buscando os Easter Eggs:  PEPPA PIG EASTER
- Queredes ver como celebran Easter noutros países? Mirade estes nenos xogando a buscar os ovos nunha ANIMAL FARM, unha granxa!
Agardo que os pasedes moi ben!
See you soon!

jueves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES VENRES 3 DE ABRIL


1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro. Tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada día ¿ acadarán o récord? E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

2º Reto: Todo súper heroe, ademais dun símbolo debe ter un traxe que o identifique, por isto, hoxe propoñemos que fagades o deseño do voso traxe (podedes buscar diferentes imaxes de súper heroes para ver que teñen en común) Non esquezades incluír o voso símbolo no traxe!

Deberedes acordarvos tamén de seguir coloreando a casiña das emocións, xa que esta é unha actividade para ir facendo tódolos días do mes de abril.

3º Xogo motor: Como todas as semanas, temos que movernos un pouquiño, por iso, hoxe vos propoñemos O XOGO DA "SERPE MOTRIZ” do que vos deixamos o enlace máis abaixo. Trátase de tirar o dado, mover ficha e facer os movementos que nos toquen. Este xogo foi elaborado por un mestre, agora ofrece este e outros recursos creados por el de forma voluntaria para que toda a comunidade educativa o poidan utilizar.

(premede na imaxe)

https://view.genial.ly/5e7fee153fea8d0db0cc31dd/game-serpiente-motriz


4º Pascua divertida: como todos sabedes, hoxe comezan as vacacións de Semana Santa, aínda que van ser moi diferentes a como estamos acostumados, os nenos/as deben ter un pouquiño de descanso das tarefas escolares, polo que durante este período (dende hoxe ata o 14 de abril) non vamos subir entradas ao blogue de forma diaria. De tódolos xeitos podedes seguir mandando as actividades que vaiades realizando ao noso correo.

Tamén queremos deixarvos un recurso para que poidades utilizalo durante estes días se vos apetece, podedes descargalo premendo no seguinte enlace.



 E coma sempre vos digo, non esquezades ler con eles un anaquiño ( a hora de ir para a cama é un bo momento). Xogade con eles e deixádeos xogar libremente, pois do xogo é a mellor forma que un nen@ ten de aprender.

Seguimos estando a vosa disposición para o que necesitedes no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu


Desexamos e agardamos que pasedes estes días da mellor maneira posible dadas as circunstancias. Unha aperta, e moitos bicos!

miércoles, 1 de abril de 2020

ACTIVIDADES XOVES 2 DE ABRIL



1º Rutinas: Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns, garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre, procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita dende o primeiro.
         Recordade que tamén podemos seguir debuxando o virus na man e anotando as veces que as lavan cada día ¿ acadarán o récord? E por suposto podedes elixir actividades de vida práctica para facer cando decidades.

Reto para súper heroes: Algo moi importante para que os súper heroes poidan controlar os seus poderes  saber recoñecer as súas emocións, dado que non todos os días nos sentimos da mesma maneira, por iso hoxe vos propoñemos unha nova misión. Será un reto que deberemos ir completando cada día do mes de abril. Consiste en que cada día pintemos segundo o código de cor que aparece no arquivo adxunto, dependendo que como nos sintamos cada día . Un pqueno truco: recordade como facíamos todos os días na clase os compañeiros nos preguntaban  "Cómo estás hoxe?". Ánimo meus súper heroes, sei que este reto para vos está "chupado"! 

Podedes descargara plantilla no seguinte enlace: CALENDARIO EMOCIÓNS

3º Corazóns azuis:

Dado que hoxe celebramos o Día mundial da concienciación sobre o autismo, dende o equipo de Infantil pensamos en propoñervos o seguinte:
Crear corazóns de cor azul, dado que este é a cor que se representa este día, pode ser con calquera material ou técnica, cartolina, con pintura, ceras, goma eva, o que qeuirades, o que sí ten que levar é moito cariño. O ideal sería que, ao igual que facedes cos arcos da vella, puxerades os corazóns na fiestra e que saquedes unha foto para enviarnos ao correo. Sería bonito que vos animarades a participar todos e todas.
Deixámosvos tamén o enlace a unha canción que ten moito que ver tanto coa cor que representa este día como co proxecto que estábamos traballar no cole, relacionado co mar.
Esperemos que vos tamén o desfrutedes!


Dispoñedes de máis recursos relacionados con este día no apartado de orientación da páxina do colexo.


                                               (imaxe de aspanaes .org)

E coma sempre non esquezades de deixar un oco para o xogo libre e a lectura compartida (a hora de ir para a cama é un bo momento)

 Seguimos estando a vosa disposición para calquera dúbida no noso correo ceipabanqueiro-4anos@aulaweb.eu

Esperamos recibir moitos corazóns azuis! Unha aperta!