E chegamos á derradeira semana do curso, por iso, igual que faríamos na
escola imos facer unas actividades un pouco máis especiais e lúdicas, estas
actividades serán totalmente voluntarias. Propoñemos son as seguintes:
MAXIA BAIXO A AUGA
Hoxe faremos un experimento con auga, imos facer desaparecer as cores dun
debuxo cando o metemos nun recipiente con auga, cando a saquemos volverán a
aparecer. Maxia! Tan só necesitaredes un vaso ou recipiente con auga, un papel, cores e unha bolsa zip.
Clicade no vídeo para ver o proceso:
BUSCADOR@S DE VIRUS
Agora xa somos expertos en eliminar virus, así que propoñémosvos unha
actividade ben divertida, trátase de as familias debuxedes virus de diferentes
cores por distintos partes da casa, onde sexan doados de borrar, a nosa
recomendación é que usedes rotuladores de tipo veleda (e dicir, dos que se usan
para escribir en “pizarras” brancas). Unha vez que o virus estean debuxados os nen@s terán que atopalos e eliminalos cun trapiño mollado en auga con xabón.
Como podedes ver as profes xa estivemos eliminando os que atopamos polo
cole, agora tócavos a vós.
Tamén vos deixamos outros exemplos doutros virus que xa foron atopados e
eliminados en outras casas.
Si vos apetece, as familias podedes facer unha lista dos virus que debuxaches
para que eles leven a conta. Aquí vos deixamos un exemplo de como podería ser. (Premede na imaxe para descargar a plantilla, na primeira columna deberedes debuxar os virus da cor que sexan, na segunda poñer o número de cantos teñen que atopar, na útima columna deben ir anotando os que eliminaron, poden facelo por medio de símbolos e dicir unha raia punto etc por cada un que eliminen)
3.
MENSAXE de DESPEDIDA
Que vos parece si nos despedimos todos xuntos?
Consistirá no seguinte:
Deberedes gravar un anaquiño de vídeo moi pequeniño (20 segundos aprox) coa
mensaxe de despedida que cós queirades e logo envialo ao noso correo de aula, agardaravos unha sorpresiña, por elo pedimos a máxima colaboración posible. A DATA
LÍMITE DE ENTREGA MÉRCORES 17 DE XUÑO, animádevos!
XOGOS DE AUGA
Xa para rematar queremos deixarvos diferentes enlaces con xogos de auga moi
divertidos. A nosa intención era que puiderades facelos durante esta semana
pero visto que o tempo non no lo permite, aportámosvolos igualmente para que
poidades desfrutar con eles ao longo do verán .
Chegados a este punto tan so queda felicitarvos polo gran traballo realizado
durante o curso tanto aos nenos/as como as familias. Esperamos que tiverades aprendido moito,
pero por riba de todo que tiverades pasado bos momentos realizando as diferentes
propostas.
Polo voso esforzo ao longo destes meses queremos darvos….
E recordade: xogando e lendo sempre seguiredes aprendendo!
How are you today?
Xa chegaron as vosas fotos do Happy Summer, preciosas! De novo,
moitas grazas polo voso esforzo e agora a disfrutar dun feliz verán xa
que o merecedes!
Aquí están as fotos de...
Thank you very much!
E non podemos despedir a clase de English sen algunha canción... así que aquí vos deixo un par delas, espero que vos gusten!
Kisses and my best wishes!
Shadia
domingo, 7 de junio de 2020
Ola de novo, aquí vos deixamos as tarefas para esta semana, ánimo que xa estamos chegando á recta final...
ACTIVIDADES PARA O LUNS 8
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezades seguir coloreando o
sol das emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as
nosas emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. PIDE UN DEXO CO DENTE DE
LEÓN
Todos sabemos que os dentes de león poden
ser máxicos, cando os atopamos se ao soprar pedimos un desexo este pódesenos
cumprir. Por iso hoxe vos propoñemos a seguinte actividade:
Primeiro teredes que decorar o dente de
león que vos adxuntamos usando a plantilla,
Para decorar o dente de león
podedes deixar a vosas pegadas con témpera, debuxos con rotus, con ceras, con
pintura soprada
Logo deberemos pensar nun desexo e
escribilo nunha tarxetiña (podedes axudarlles), e por último soprar con forza!
Si nas saídas que fagades os atopades podedes mandarnos unha foto con eles.
Premede no seguinte enlace para descargar a actividade
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezadesseguir coloreando o sol das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. Nº NOS ZAPATOS
Agora que chegou o bo tempo toca cambio
de armario e damos boa conta das nosas medras.
Desta vez opoñemos que collades varios zapatos
e fagades a súas siluetas (podedes facer uns do ano pasado e deste para poder
comparar, con zapatos que atopemos pola casa, de papa, mama, irmáns, avós...)
Unha vez debuxada recortamos a silueta
(tamén podemos decorala ou facela sobre papeis de cores)
Despois deberemos facer unha pequena
tarxeta cos números dos zapatos escollidos, para elo primeiro termos que buscar
no zapato que número ten
A partir destas podemos facer varias actividades:
-- Colocar os números coa silueta
que corresponda.
-- Ordenalas de menor a maior ou
de maior a menor
- Superpoñer as
siluetas para ornenar por tamaños
Deixo un xogo previo para que poidan practicar (premede no enlace)
Ordenar as siluetas segundo a
familia de números a que corresponda (recordade a familia do 0 é o 1,2,3,4,5,6,7,8
e 9, a do 10 é o 11,12,13,14,15,16,17,18,19, a do 20 é
21,22,23,24,25,26,27,28,29, a do 30 son o 31,32,33,34,35,36,37,38 e 39, e así
sucesivamente co 40, 50, 60, 70, 80, ...) Podedes premer no enlace para ver a explicación para que poidades entender de que se trata.
Na aula estivemos traballando as familias coa axuda de casiñas como as que vedes na imaxe seguro que eles/as as recordan
No dossier tamén poderedes atopar unhas rectas con diferentes familias de números por si as necesitades.
-
Actividade 32 familias de
zapatos (atoparedes a actividade no dossier)
ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 10
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezadesseguir coloreando o sol das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2. GLOBO MÁXICO.Hoxe toca experimento, queredes ver como podemos hinchar un globo sen soprar?
Necesitamos
-- Unha botella valeira
-- Un globo
-- Vinagre
-- Bicarbonato
-- Embude (opcional)
-- Unha culler pequena
Procedemento
1.Enchemos a botella cun pouco
de vinagre (dous dedos aproximadamente)
2.Introducimos o bicarbonato
dentro do globo axudándonos da culler e do embude.
3.Colocamos o globo na boca da
botella e ...
Deixamos un
vídeo para que poidades ver todo o proceso do experimento
3.ACTIVIDADE 33 Adiviña adiviñanza...
ACTIVIDADES PARA O XOVES 11
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezadesseguir coloreando o sol das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2 PIM PAU XOGO DE MANS
Deixámosvos o seguinte vídeo co que os
pequenos poderán traballar a súa coordinación, motriciade fina e o ritmo E A
ATENCIÓN
Esperamos que o pasedes moi ben e que
desfrutedes con este xogo de mans, se queredes podedes investigar que outros
xogos de mans hai e enviarnos as vosas propostas
3. ACTIVIDADE 34 Nesta actividade toca prestar atención e memorizar...
ACTIVIDADES PARA O VENRES 12
1. RUTINAS Rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo
recordamos o día da semana, día do mes, ano e estación na que estamos. A
continuación pedímoslle que coloquen tantos obxectos (palillos, pompóns,
garavanzos, etc) como o número do día do mes no que estamos, coma sempre,
procurade que os coloquen en fila e que comecen contando de esquerda a dereita
dende o primeiro. Logo podemos contar tamén con retroconta e dicir, cara atrás,
cada vez que contamos retiraremos un obxecto dos que colocamos anteriormente
ata que nos queden 0.
Non esquezadesseguir coloreando o sol das
emocións, ao final do mes teremos unha idea de como foron mudando as nosas
emocións ou cal foi a emoción que máis sentimos durante este mes.
E por suposto podedes elixir actividades de vida
práctica para facer cando decidades.
2 TWISTER Crea tu propio xogo das posturas!
Materiais
Follas brancas
Tesoiras
Papel de catro colores diferentes
Adhesivo
Como facer:
Coa axuda dalgún obxecto circular, marca círculos
de cada unha das cores.
Recorta catro círculos de cada color (tamén podedes
facelos en branco e colorear)
Pega os círculos de cores no chan co
adhesivo.
Logo arma pequenas tarxetas de instrucións. Recorta a silueta dunha man e dun
pé en cada unha das catro cores utilizados anteriormente. Deste xeito, os nenos
poderán comprender facilmente as instrucións das tarxetas, como por exemplo:
"Pon a túa man nun círculo amarelo."
¡E xa estarán listos para xogar! Coloca todas as tarxetas do revés, cada xogador
sacará unha as azar e deberá cumprir coa consigna. Podedes agregar "dereita"
ou "esquerda" ás instrucións para facer máis complexo o xogo.
3. ACTIVIDADE 35 Hoxe crucinomes!(atoparedes a actividade no dossier)
E como sempre dicimos xogade, que xoguen solos e
tamén xogade con eles pois esta é a mellor forma que teñen de aprender e por
suposto non vos esquezades de dedicarlle un tempiño á lectura compartida!